viernes, 2 de diciembre de 2011

Demografía e Habitat

Exercicio1: Pirámide
  • No ano 1998 entorno a base de pirámide podemos observar que o número de nacementos era menor ca no 2009. Sen embargo o número de nacementos de homes segue a ser maior ca o de mulleres. Aínda así co paso dos anos podemos comprobar que a esperanza de vida e menor nos homes que nas mulleres. Facendo referencia a esta esperanza de vida podemos decir que é maior no 2009 ca no 1998. Estes datos non só fan referencia ás idades máis maiores senon que nas personas de 40-50 anos tamén é maior o porcentaxe no 2009. A causa de que haxa un maior porcentaxe da poboación polo aumento progresivo da calidade de vida mentres que no 1998 a pesar de que se produce un aumento polo baby boom posterior a guerra a poboación de entre os 40-50 anos e menor polo pobreza e pola Guerra  Civil, que ocurría en España nos anos 30 e 40.
  • Podemos observar que na comarca dos Ancares a poboación se decanta polo avellentamento e o pouco índice de natalidade, mentres que na comarca da Coruña a poboación e máis nova e o índice de avellentamento e menor, e por último, na Mariña Occidental observamos que hai máis natalidade que nos Ancares, pero existe máis xente vella que na comarca da Coruña. Con estes datos deducimos que nas zonas de interior, como os Ancares, a natalidade é moi baixa, comparada coas zonas de costa máis desenvolvidas industrialmente a natalidade é maior, e existe moito avellentamento polo éxodo rural, que se produciu nestes lugares.
Exercicio 3:
  • Diferencias entre a pirámide de España e Galicia: En Galicia o número de nacementos e menor ca o de España dado que a media de nacementos é maior ainda que na actualidade exista un gran déficicit de xente en idade fértil que se ve compensado polos inmigrantes. Outra diferencia significativa é que en proporción a esperanza de vida é menor ca a de España, isto débese a que nos anos 20-30 o número de nacementos en Galicia, especialmente nos núcleos rurais, foi moi elevada en proporción cos de España.
  •  Si, nótase un gran crecemento progresivo poboacional naquelas persoas que teñen no ano 2009 entre os 35 e os 40 anos. Este crecemento da poboación débese a unha mellora na calidade de vida, despois dos anos de pobreza da Guerra Civil.
  • Diferencias entre as pirámides provinciais:  Unha das diferencias máis significativas é a diferencia de natalidade que existe entre Ourense e Á Coruña, chegando a ser ata 5 veces maior na Coruña, pola contra, outra diferencia,é que a esperanza de vida en proporción é moito maior en Ourense ou Lugo ca en Coruña, isto débese a que o número de nacementos no nos anos 20 e 30 foi moito maior. Outra diferencia é que entre Lugo e Coruña, en Lugo a diferencia poboacional entre as idades dos habitantes non é tan grande como na Coruña.Tamén compre destacar e que a esperanza de vida das mulleres en Ourense é moito maior ca dos homes, mentres que en Pontevedra esta diferencia non tan marcada. A última diferencia é que nos anos 60 o Baby Boom foi significativo na Coruña e Pontevedra ca en Lugo e Ourense.
Exercicio 4:

  • Carballal: Esta parroquia recibe o seu nome porque noutro tempo estaba rodeado dunha formación vexetal de carballos.
  • Pedregais: Esta parroquia recibe o seu nome porque noutro tempo o solo estaba formado por un conxunto de pedras, chamado pedregal.
  • Tordoia: Recibe o seu nome porque noutro tempo esta zona estaba chea de castiñeiros.
  • Vilar e Viladabad: Esta parroquia recibe o seu nome porque son terras gañadas ao bosque que co tempo se poden dar a constituir un nucleo independente.
  • Carballeira de Arriba: Ao igual que o Carballal, esta parroquia recibe o seu nome polo gran número de carballos que había noutro tempo.
  • Castro: Ten este nome polos castros preromanos que había na antiguidade nesa zona.
  • Casal de Devesa: Recibe o seu nome porque no pasado tería un habit disperso, e dicir, explotacións illadas estableclidas en terreos con poucas casas.