Mostrando entradas con la etiqueta Laura.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Laura.. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de abril de 2012

Esquema plena idade media, Laura.

Plena Idade Media (XI  a XIII)


Dende finais do séc. XI, Galicia truncou a súa expansión cara o sur, aínda que os sés sociais, economicas e  culturais perdurarán nos séculos vindeiros.




  1. Demografía, expansión económica e renacer das cidades.
  • Núcleo rural
          Aumenta a poboación, medran os antigos núcleos urbanos, hábitat disperso en casás ou vilaes, creanse                         novos núcleos como as vilas novas. A partir deste crecemento apareceron novos cambios, como:
  1. Ampliación do espazo cultivado, reducindo barbeito, como nas comarcas do sur.
  2. Evolución das técnicas.
  3. Mais emprego de ferramentas de ferro, extendendose tamen o arado.
  4. Extendese o cultivo da vide ( o comercio maritimo favorecia a sua expansión)
  5. Xeneralizanse os foros ( larga duración e renda)
  • Núcleo urbano
        No mundo urbano tamén se desenvolveu un forte crecemento, destacado en caracteristicas, como:

  1. A parte dos gremios que controlaban a poboación, hai cofrarias vinculadas os oficios e os seus santos patróns.
  2. Extendese o uso da moeda, da cal a sua acuñación era privilexio real.
  3. As cidades galegas foron esacasas cidades de reguengo, o que limitou a capacidade de patriciado urbano como motor de crecemento.
  4. Compostela foi ata o séc. XX a cidade mais importante de Galicia, e nun segundo lugar estaba o eixo que le localizou ao longo da costa como Viveiro ou Ribadeo entre outras, todas centradas en actividades comerciais e mariñeiras.
    2.Sociedade.

Respeto a sociedade da plena idade media tamén e produciron unha serie de cambios, como por explemplo:

  • O cambio mais importante a aparición do foro,que favorecían aos campesiños, pois estes non podían ser desaloxados das terras. Esta masa de foreiros, dependente dos mosteiros ou dos nobres, constituía a base da poboacióon.
  • Os habitantes das cidades eran dende humildes artesáns a ricos comerciantes, que trataban opoñerse os privilexios señoriais.
  • A riqueza da sociedade seguía estando nas mans da nobreza, ainda que a nobreza laica experimentou un proceso de decadencia, tan notorio foi este declive que incluso se viron obrigados a buscar a protección dos señores eclesiasticos a cambio de entregarlle as terras.
  • Son os bispos e abades os que prevalecen nesta etapa medieva.
  • Nas actividades comerciais destacan os xudeos, instalados en grupos minoritarios, nalgúns casos con barrios propios e noutros en que non.
   3.As loitas políticas.

Trala morte de Fernando I, o seu reino divideuse entre os seus fillos,correspondendo Galicia a Don García, pero o seu reinado rematará cando se fan con el os seus irmáns Sancho de Castela e mais Alfonso de León, polo tanto o último reinado de García sería a derradeira experiencia de independentismo para Galicia, esta nunca volve a ser independente ainda que ainda que os monarcas posteriorres mantiveron a titulación de reis de Galicia , agora pasa a ser unha provincia formada por condes representantes do monarca, moitos deles nados ou formados en Galicia.
Pero a partid do séc. XX, as loitas politicas volvenseme mais duras,  pasando por varias etapas:

  • No ano 1090 chegou como gobernador do condado de Galicia Raimundo de Borgoña, a morte de Raimundo houbo uha gran crise politica, pois unha faccion da nobreza aliouse ca sua muller e a restante co seu fillo ( que xa quedara marxinado no acceso ao atrono leonés).
  • No ano 1111, Alfonso Raimundez foi proclamado rei de Galicia, pero trala morte da sua nai , tamen se fillo co poder de Castela e León convertendose reina dela tamen e convertindose en Alfonso VII, incorporando definitivamente a Galicia o reino castelan-leones.
  • No ano 1943, Alfonso Henriques (fillo de Henrique de Borgoña e dona tereixa) proclamouse como o primeiro rei de Portugal, despois dunha batalla e ursupar os dereitos que tiña a sua nai.
  • Mentres que no novo reino iniciaba a súa expansión cara o sur, a Gallaecia lucense recollida en si mesma pero unida a Europa a través do camiño de Santiago , foi capaz de desenvolver a súa identitade ao longo da historia.


sábado, 10 de marzo de 2012

A miña vida como ciudadana romana, Laura.

Chamome Aldara,teño 15 anos, e vouvos a relatar como é a miña vida dende que cheguei ao conventus Lucus fai cinco anos escapando das penurias que tiñamos que vivir en Roma, meus pais Lucius e Estena,os meu tres irmáns pequenos e mais eu, pois non tiñamos recursos para levar unha vida digna, pero desgraciadamente a nosa vida aqui non é moito mellor, o meu pai e os meus irmáns son alfareiros e a miña nai e máis eu dedicámonos a vender o que eles fabrican nalgún conventus cercano como é o caso do conventus bracatense que é o que mais soemos visitar, porque está cerca e ben comunicado, aínda que é moi perigroso para comerciantes coma nos, polos numerosos vandalos que non intentan asaltar, pero si queremos sobrevivir temos que superar o medo, pois é o único sustento que ten a nosa familia para sobrevivir, é aínda traballando con todo o noso esforzo non nos queda moito diñeiro para nos, xa que temos que pagar a vivenda, xa que vivimos nun domus que ao igual que o taller de alfarería non é noso polo que temos que pagar unhas rendas ao acabar o mes,e tamés temos que pagar os impostos que nos impoñen dende Roma.

O dono do noso domus posue ademais extensións de terras con moita xente que as traballa, utilizan o arado tirado por animais e mais cultiva vide e oliveira, polo cal grazas ao recaudación de todos estes bens pode permitirse vivir nunha gran villae,e permitirse o luxo de comer peixe e mais carne en salazón, mentras que nin tan sequera nós nos podemos permitir soñar con ese luxo nin tan sequera en dias señalados de celebracións.

Como dixen anteriormente,a nosoutros non nos vai demasiado ben coa alfarería,así que para pasar o tempo meus irmáns e mais eu visitamos algunha vez o foro ou reunimonos co meu pai para que nos conte as historias do tio Sandro que é de Iria Flavia coma o meu pai, pero que se fixo militar e recorreu a maior parte de Hispania ata que se foi a Roma co exército, o meu irmán pequeno Paulo soña con seguir os sus pasos para conocer mundo e ter un mellor nivel de vida e poder disfrutar de todo o que envexa do dono da villae, cousa que debido a nosa situación economica vexo moi dificil que se chegue a cumprir, pois na alfarería necesitamos a todas as mans da familia traballando, pero para non quitarlle a ilusión nós damoslle ánimos, pois Paulo todavía é demasiado pequeno para descubrir o dura que é a vida.