Chamome Aldara,teño 15 anos, e vouvos a relatar como é a miña vida dende que cheguei ao conventus Lucus fai cinco anos escapando das penurias que tiñamos que vivir en Roma, meus pais Lucius e Estena,os meu tres irmáns pequenos e mais eu, pois non tiñamos recursos para levar unha vida digna, pero desgraciadamente a nosa vida aqui non é moito mellor, o meu pai e os meus irmáns son alfareiros e a miña nai e máis eu dedicámonos a vender o que eles fabrican nalgún conventus cercano como é o caso do conventus bracatense que é o que mais soemos visitar, porque está cerca e ben comunicado, aínda que é moi perigroso para comerciantes coma nos, polos numerosos vandalos que non intentan asaltar, pero si queremos sobrevivir temos que superar o medo, pois é o único sustento que ten a nosa familia para sobrevivir, é aínda traballando con todo o noso esforzo non nos queda moito diñeiro para nos, xa que temos que pagar a vivenda, xa que vivimos nun domus que ao igual que o taller de alfarería non é noso polo que temos que pagar unhas rendas ao acabar o mes,e tamés temos que pagar os impostos que nos impoñen dende Roma.
O dono do noso domus posue ademais extensións de terras con moita xente que as traballa, utilizan o arado tirado por animais e mais cultiva vide e oliveira, polo cal grazas ao recaudación de todos estes bens pode permitirse vivir nunha gran villae,e permitirse o luxo de comer peixe e mais carne en salazón, mentras que nin tan sequera nós nos podemos permitir soñar con ese luxo nin tan sequera en dias señalados de celebracións.
Como dixen anteriormente,a nosoutros non nos vai demasiado ben coa alfarería,así que para pasar o tempo meus irmáns e mais eu visitamos algunha vez o foro ou reunimonos co meu pai para que nos conte as historias do tio Sandro que é de Iria Flavia coma o meu pai, pero que se fixo militar e recorreu a maior parte de Hispania ata que se foi a Roma co exército, o meu irmán pequeno Paulo soña con seguir os sus pasos para conocer mundo e ter un mellor nivel de vida e poder disfrutar de todo o que envexa do dono da villae, cousa que debido a nosa situación economica vexo moi dificil que se chegue a cumprir, pois na alfarería necesitamos a todas as mans da familia traballando, pero para non quitarlle a ilusión nós damoslle ánimos, pois Paulo todavía é demasiado pequeno para descubrir o dura que é a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario