O meu nome é Gaia Galerius e son una cidadá romana.Estamos no século V e vivo na cidade de Bracara Augusta, capital de Gallaecia. Antes vivía na cidade de Roma con miña nai Mania, meu pai Tiberius e os meus irmáns máis novos Gnaea e Aulus, pero debido ao traballo do meu pai, tivemos que virnos a vivir a esta cidade extraña, xa que o meu pai é o xeneral das tropas romanas de Hispania. O seu traballo aportou moita gloria e honor a familia, pero descoidou o noso coidado, e iso permitiu que as persoas que se opoñen ao seu traballo asasinaran a miña nai Mania. Agora vivimos nunha gran domus, con moitas cubiculums, un tablinium, unha impluvium, e un gran xardín, pero voto de menos a vida en Roma, e sobre todo, a miña nai. Ela encargábase de coidarnos e de manter a casa cando o meu pai estaba nunha misión, era o seu oficio, garantir que a casa funcionara correctamente e non permitir que os criados descoidaran o seu traballo, pero agora ela non está, e son eu a encargada de manter o fogar. Vivimos no centro da cidade, ao lado do foro, no cardo máximo, onde viven a maioría das familias ricas de Bracara Augusta, a gran parte deles son familias de subordinados do meu pai Tiberius, que veñen manter o orden en Hispania.
Bracara Augusta é unha cidade moi interesante cun anfiteatro inmenso onde se representan grandes loitas, un foro onde coñecer xente,o teatro onde se contan comedias, o templo onde seguir a miña fé, o circo onde as carreiras son increibles e as termas( coma as famosas de Lucus Augusti) onde pasar un tranquilo día, ou onde podes disfrutar de masaxe e de baños relaxados. Tamén na cidade podemos disfrutar da boa comida, como un peixe fresco do mar( sardiña, sargo),o mellor marisco de toda a rexión(mexilón), carne das mellores reses(vacún, porcino) e os mellores vexetais das colleitas(fruta e verdura). O que máis me gusta de cidade son os seus cultivos de árbores, como son o castiñeiro ou o olivo. A sociedade está rexida polos impostos, todos os cidadáns debemos pagalos para poder manter a cidade e os seus lugares. O meu pai é o encargado de manter a paz na cidade e en toda Hispania, pertence a orde ecuestre, xa que é a élite do exército, e sempre está ocupado, por iso aos meus irmáns maís novos Gnaea e Aulus educaos un home moi xovén que se encarga de convertilos nunha señorita e nun home feito e dereito. Ese home chámase Gaius Cariatius e é un home bó, cariñoso e dunha familia da nobreza da cidade. Gaius pediulle a miña man en matrimonio, e el aceptou, pois quere que teña a vida que tivo a miña nai, de riquezas e honor, e para iso regaloume un monton de xoias, como pendentes, colgantes,brazalates, diademas e multitude de vestidos. Gaius pertence ao consello da cidade, e grazas a ese posto fixo que se melloraran moito as instalacións da cidade, como poden ser as vías que comunican con todo o Imperio e os acueductos, facilitando a entrada da auga a cidade.
Como boa cidadá romana, ríndolle culto aos Deuses, como Xúpiter, Venus, Marte ou Minerva, que é a Deusa pola que eu sinto máis devoción xa que é a deusa da sabedoría, das artes e é a protectora de Roma, a cidade onde nacín.
Seguen pasando os días e están chegando rumores sobre uns ataques a cidade de roma dos bárbaros do norte, estou preocupada, pois aínda teño amigos e familiares e estou preocupada por eles. Según as fontes do meu pai as invasións non foron pacíficas, e houbo moitos feridos e mortos. O exército romano estaba desorganizado e por iso puideron chegar ata o mesmo centro da cidade, e agora teño medo de que esas invasións chegan ata Hispania, poñendo en perigo a miña familia e ao meu prometido.
Estamos a finais de ano, e meu pai reuniu ao exército e foise a loitar contra os bárbaros, tamén chamados Visigodos. Na cidade tamén están tomando medida para protexernos, organizando aos homes para defender a cidade. Gaius, o meu prometido, tamén ten que defender a cidade e eu teño que organizar as mulleres e aos nenos para en caso de ataque sair da cidade e poñelos a salvo. Co paso dos días o meu pai regresou victorioso, pero o que quedou dos visigodos atacaron a cidade, e como colleron de imprevisto ao exército, lograron penetrar na cidade. Agora vivimos baixo o seu dominio, e segun din eles, o resto do imperio está na mesma situación. Roma foi saqueado e as súas xentes viven agora baixo o dominio dos bárbaros, e todo polo que Roma loitou, quedou agora destruído.
No hay comentarios:
Publicar un comentario