- O porcentaxe de flota galega representa un 40% dos barcos españois. Das actividades pesqueiras realizadas en Galicia só se consume 1/3 o resto expórtase, un 75% ao resto de España e un 25% a outros países. Dentro das actividades pesca podémolas dividir en pesca extractiva, marisqueo e acuicultura. Os principais produtos acuicolas son o Argazo real (alga), que no ano 2009 pescáronse 3200 kg a 0,70 euros o kilo. Dentro dos bivalvos destacan a Ameixa xaponesa cun 4,7% da pesca total e os mexillóns cun 52,94%. Dentro dos peixes destaca o rodaballo cun 33,46%. As principais lonxas da Mariña son Burela e Celeiro, estando no 4º e 5º posto das lonxas máis productivas de Galicia.
- A principal diferenza entre estos caldeiros é o porcentaxe ou o espazo xeográfico no que se realiza a pesca, o caldeiro nacional contará cun maior espazo adicado a pesca, xa que fai referencia a toda España, mentres que os caldeiros comunitarios fan referencia só a pesca dentro da Comunidade Económica Europea, e dicir, dentro dos países da Unión Europea con moeda euro, pola contra o caldeiro que abarca unha maior superficie pesqueira é o internacional, que se refire a aquelas capturas realizadas fora do territorio español, como pode ser Irlanda, Perú, Portugal...etc. Dentro da pesca nacional destaca a pesca de cerco, que consiste como o seu propio nome indica en cercar ao peixe (sardiña, xurel, cabala...), é decir, colócase a lancha pequena de gran motor preto do banco de peixes, posteriormente sóltase a rede duns 750m de lonxitude e 50 de ancho, a rede fai un circulo ó redor dos peixes e captúraos.
- Dentro dos pesqueiros comunitarios destaca a pesca con palangre no fondo, a palangre é un aparello composto por unha serie de brazais (normalmente de fío plástico), estes brazos lineais únense entre si mediante anzois, por este motivo é unha das pescas máis selectas xa que dependen do tamaño do cebo e da profundidade, dependendo da especie. A palangre en fondo é empregada coma pesca artesanal sobre o leito mariño.Na pesca internacional destacan a pesca de arrastre. Consiste no emprego dunha rede lastrada que barre o fondo do mar capturando todo o que encontra ao seu paso. Esta práctica considérase destructiva para o ecosistema xa que non realiza unha seleción a hora de capturar as especies.
- Galicia é unha das comunidades autónomas máis representativas en canto a actividades pesqueira, con máis da metade dos establacementos conserveiros relacionados con esta actividade, conta con 67 establecementos de 147 que ten España. En canto a facturación posúe máis da metade con 967,02 de 1.239,77 que ten España. Isto débese a que en Galicia expórtase ó 75% da pesca ao resto de España. En canto a produción de conservas a maioría con 248.958 Tm prodúcense en Galicia mentras que no resto de España prodúcense o 311.197 Tm, estas industrias conserveiras soense situar preto do portos para facilitar o transporte e aforrar os costes. Estas industrias xeran só en Galicia 12.050 empregos dos 15.512 xerados en toda España.
Aínda que o sector secundario foi crecendo en emprego ao longo dos últimos anos, Galicia segue cun gran retraso comparandoo con outras comunidades de España.3-Sector Servizos:
No primeiro mapa temático a comentar, no cal se fala do numero de empresa activas en España por cada 100 habitantes, vemos que Galicia atopase no segundo posto, cunha media inferior a española,( a española é de 7.3, mentras que a galega ten unha media de 7 a 8), nesa situacion atopanse Logroño, entre outras.
Galicia tamén se atopa no segundo posto si estamos a falar do segundo mapa temático, o cal mostranos a distribución da cifra de negocios, no cal Galicia ocupa dun 5 a un 10% do 100% dos negocios españois, atopándose na mesma situación Castela e León e o País Vasco.
Por último no terceiro mapa temático, fálasenos sobre o gasto interno do PIB, mostranos que Galicia tamén neste tema ocupa o segundo posto, neste caso cunha media de 1 a 1.5 coma Andalucía (entre outras comunidades).
Nesta grafica presentanos a evolución do sector agricola e mais o sector servizos, dende o ano 1977 ata o 2010.
Observando a gráfica podemos dicir que no ano 1977, a porcentaxe de poboación dedicada ao sector primario era moi elevada, acadando o 44.69%, mentres que os servizos só acadaban un 7.9%, isto debese principalmente a que o ano 1977 a maioria da poboación galega vivia no medio rural ,fomentandose asi a agricultura para o autoconsumo, atopando deste modo a súa forma de supervivencia.
Pola contra, no ano 2010 atopamos todo o contrario, tan só un 28.5% se dedicaba ao sector primario,dento de esta porcentaxe destacan persoas da terceira idade ou daquelas que de adican a agricultura como segunda actividade, é un 67% adicase ao sector servicios, este cambio debese primordialmente ao éxodo rural, é dicir toda esa xente que abandonou as aldeas para ir en busca dunha vida mellor nas cidades. Outro factor de gran influenfcia na nosa comunidade foi o turismo, principalmente gracias ao descubrimento do Apostol Santiago, o que provocou unha forte atracción do turismo sobre todo cada 4 anos coa celebración dos anos Xacobeos. Entre outras actividades turísticas destacan as casas rurais en zonas tanto de montaña, como o Courel, como o turismo de praia nas Rías Baixas, tamén existen importantes balnearios, como o de Mondariz ou La Toja.