viernes, 17 de febrero de 2012

Cultura Castrexa.

1.Nestas duas noticias publicadas en distintas páxinas web, vemos a situación na que se atopa o xacemento arqueoloxico da Atalaia (Cervo).
Nun dos documentos facilitado por Mariñapatrimonio vemos que ano ano 2008 o concello concedeu unha licencia de urbanización por riba dun castro cuberto considerado un dos mellores conservados da Península pois ten como particularidade especial que conserva a súa falsa bóveda, e da posterior movilización dos veciños para salvar a este, finalmente nun artigo da mesma páxina relatase que Mariñapatrimonio consigueu o seu obxectivo anulandose as licencias de contruccións para poder gardar esta importante herdanza que nos deixan os nosos antepasados.
Mentras que no outro documento tratase tamén a defensa dos veciños que loitaban por manter presente ese castro atopado nunha horta chamada "A casa de Dorita" apoiados por MariñaPatrimonio.
Aínda que non aparece reflexado directamente nos artigos é de suma importancia a presenza doutro castro a escasos metros, pero este ao estar na superficie xa non conta co perigo de que se edifique enriba del, ainda asi hai que seguir protexendoo.


2-Castros no Concello de Viveiro, Lugo.

  • Castro de Condomiás y Chao de Garita, na parroquia de Boimente.



  • Castro de Pousadoiro, na parroquia de San Pedro.



  • Castro da Croa, na parroquia de Landrove.



  • Castro de Casós, no lugar de Fontecova, Viveiro.



  • Castro de Sobreviva, na parroquia de Galdo.



  • Castro de Celeiro, en Celeiro.



  • Castro de Faro, na parroquia de Faro. 









  • 3-Castro de Baroña, A Coruña

    O castro de Baroña está situado na parroquia de Baroña, na Coruña e está construído sobre unha península , situándose a súa ocupación nos séculos I a. C e I d.C e posuía duas murallas que o protexían dos ataques de enemigos. Consérvanse 20 vivendas de planta circular u oval en bo estado. Foi excavado por Sebastian González García e nunha primeira vez encontrouse moi pouco, pero cás seguintes exvacións conseguíuse coñecer moito máis desde castro.

    O castro está comunicado coa península cun tómbolo de area, e nesta zona excabouse un foso que pretendía protexer ao poboado. A continuación encóntrase una muralla que rodea o castro completamente, no centro encontraríanse as vivendas. A entrada está formada por una rampa que comunica co centro do castro, que estaba dividida en catro áreas. A primeira está formada por un banco corrido ou un pilar e nela encontrábase un fogón, un oco para un poste e varias cazolas de barro, puido ser una forxa, que tamén puido haber noutras partes do castro. A segunda zona está separada por un muro, que delimita cun barrio de casas e cunha praza, onde se pode chegar a atopar incluso escaleiras. O terceiro e o cuarto sector son os máis altos do castro, onde tamén se poden encontrar construcións.

    As construcións na súa mayoría son de plante circular e sen ventas, o que nos indica que foi un castro pouco romanizado, e que non sufríu o urbanismo como tal, xa que esta nova moda traena os romanos.

    O poboado era autosuficiente, xa que ao encontrarse nunha península non podían autoabastecerse e por iso procuraban cazar, cultivar e recoller auga fora dos límites do castro. Pénsase que o seu principal alimento eran os mariscos e os pescado, aínda que tamén consumían cabras, ovellas, vacas e bellotas.

    No castro encontráronse varios tipos de utensilios de pedra, co que facían diversos traballos. Tamén se atopu restos de metalurxía e de texidos.


    4- Pedras Formosas

    Son lugares máxicos empregados para cultos relixiosos como a terra, as fontes, a lúa ...Estes antigos cultos de pedra eran traballados polo home sabios que vivían ai anos na Gallaecia. Estas construccións realizadas en pedra tallada (con características arquitectónicas) sóense atopar no occidente de Portugal, Asturias, León e Galicia, na mesma etapa na que se desenrolaron os castros.
    Estas pedras fermosas atopanse en lugares fértiles e con gran abundancia de auga, son construccións semienterradas con forma rectángular. Creese que no antigüidade podíase empregar como balneario de vapor, lugar de iniciación para os mozos dos castros próximos.
    Estas investigacións serven para coñecer a tipoloxía destas edificacións e sobre o modo de vida dos seus habitantes nesta época na Gallaecia.
    Exemplos de construcción destas pedras formosas son : Monumento de Punta dos Prados en Ortigueira, Ara de Augas Santas en Allariz, a Pedra formosa en Briteiros...

    miércoles, 1 de febrero de 2012

    Culturas Prehistóricas

    1-Diferenza os tipos de útis que vimos no video:

    Dentro da industria lítica con sílex podemos diferenciar 3 tipos de tallado:
    1. Tallado de modo 1: Son aquelas pedras que só se empregan para realizar unha sóa ferramenta que se chama Chopper, créase mediante percusión para conseguir tallar o extremo do Chopper a así conseguir un bo filo. Emprégase en xeral para cortar e romper.
    2. Tallado de modo 2: Son aquelas pedras que se empregan para realizar un útil máis eficaz, créase mediante a modelación do contorno da pedra para acadar así un filo maior que na pedra de Chopper. Esta nova ferramente recibe o nome de Bifaz (traballada polas dúas caras). Emprégase para realizar traballos máis eficaces de cortar, rasgar e romper.
    3. Tallado de modo 3: Son aquelas nas que dunha pedra obtemos varios útiles. A pedra inicial emprégase para crear un Bifaz, dos restos da percusión desta pedra créanse outras ferramentas como a Lasca Levallois e delas obtemos á Raederas,e de traballar esta obtemos á Escotadura e por último dos restos máis pequenos obtemos a Punta Levallois

    2-Megalitismo en España e en Europa:
    • España
    1. Dolmen de Menga:  Atópase en Antequera (Málaga) e foi construído  na idade de cobre arredor do 2500 a.C. É un dolmen de galería cuberta e planta case rectangular. Está formado por unha cámara sepulcral ao fondo composta por 7 ortostatos ( pedras que forman paredes). Esta galería está composta por 5 enormes cobijas (pedras) que forman os teitos chegando a medir 6 metros de lonxitude por 7 de lado cun peso aproximado de 80 toneladas. Tamén destacan os dous monumentos antequeranos. É un dos dolmenes máis espectaculares da península ibérica e de Europa.
        
      2.Naveta des Tudóns: Atópase na illa de Menorca e é unha construción funeraria creada entre 1200 e750 a.C. Trátase dunha tumba colectiva onde se chegou a atopar (1975) 100 cadáveres e obxetos dos depósitos funerarios como pulseras de bronce e botóns de ósos. Na actualidade atópase aberto ao público e é considerado como edficio integramente conservado máis antigo de Europa.

      • Gran Bretaña:
      1. Stonehenge: É un monumento megalítico da idade de bronce que se atopa en Inglaterra. Está formado por dous grandes bloques de pedras distribuídos en 4 circunferencias concéntricas. Nos seus comezos era un monumento circular de carácter ritual funerario e de observatorio abstronómico para predecir ás estacións, no solsticio de verán o sol salía xusto a trevés do eixe da construción e ese mesmo día ocultábase atravesando outro eixe onde se atopan multitude de ósos de animais e obxetos de grandes celebracións.
      2.Newgrange:  Encóntrase en Co. Meath, Irlanda. Foi construído entre 3300-2900 a.C, estivo perdido durante 4000 anos debido a unha disminución do montículo ata o século XVII que foi descuberto por xente que buscaba pedras para a construción, nun comezo creían que era unha cova. O Newgrange ten unha orientación astronómica, cada ano na maña no solsticio de inverno a luz do sol penetra na na paisaxe e ilumina o chan da cámara durante 17 minutos. Algúns atribúen a este monumento a importancia do sol na relixión do pobo que o construíu e outros tómano como un referente arqueoastronómico noutros monumentos similares.


      • Cerdeña:
      1. Coddu Vechio en Arzachena: Estas tumbas situada en Cerdeña, tratase dunha cámara funeraria, a parte frontal da estructura está rodeada por unha especie de semicirculo. A parte frontal da estructura está rodeada por unha especie de semicírculo, casi que simboliza os cornos dun toro, e as tumbas mais antiguas, no centro do semicírculo colocase unha estela moitas veces ata 4 metros, finamente tallado e equipado cunha pequena abertura na base que supostamente foi pechada por unha rocha e a través do cal entrabase na tumba.
        1. Is Concias en Quartuccio: Este megalitico situado no sur de Cerdeña e tamén chamado a tumba dos xigantes, e como é tipico nesa zona é de tipo fachada con filas, a fachada e mais o portico terán 10 m de ancho, contruidos en mamposteria megalitica, este megalitico constara de duas entradas, dende a baixa chegaremos ata a cámara funeraria, que ten aproximadamente 8 m. de longo e 1 m. de ancho, a  altura máxima que acada é de 2.10 m. na entrada pero disminue a medida que vas adentrando na pate inferior da camara, cunha altura de 1.70 metros. 
        •  Malta:
        1. Ggantija: Este megalitico está situado en Malta, concretamente na illa de Gozo(norte de Malta),está formado por dous templos que se contruíron no megalítico. Son as construccións máis antigas que se atopan nesa zona que resistiron a saqueos, enterramentos e demolicións.Neles atopáronse estatuas e figuras que parecen representar unha deusa nai, considerouse que foron dedicados a este culto.En Malta o nome é "torres xigantes" xa que segundo a lenda estas torres foron construídas por enormes criaturas có fin de utilizalas como sitio de culto.
















        2-Hipoxeo de Hal Saflieni.
        : O Hipoxeo de Hal Saflieni (situado no no noroeste de Malta) é o único templo subterráneo prehistórico coñecido; foi escavado cara o 2500 a.C..Considérase que a súa primeira función foi a de santuario e que posteriormente, se converteu nunha necróple (conxunto de sepuiltamento). O Hipoxeo conta de salas, cámaras e pasadizos. As cámaras cortadas na rocha teñen diferentes formas e tamaños, e están acabadas en diferentes niveis de confeccion. O complexo está agrupado en tres niveis- nivel superior (3600-3300 anos antes de Cristo), o nivel medio (3300-3000 anos antes de Cristo) e nivel inferior (3150-2500 anos antes de Cristo). A habitación máis profunda, o nivel inferior, está a 10,6 metros por debaixo da superficie da rúa.
















        3- Enterramento Megalítico:

        • Dolmen de Dombate: o Dolmen de Dombate está situado na parroquia de Borneiro, no municipio de Cabana de Bergantiños, na provincia da Coruña ( N43º11'21.12'', W 8º.58'3.36''). 


          Ver Dombate en un mapa más grande

          Foi construído na primeira metade do IV milenio a.C
          (3800 y 3600 a.C). O súa construción pasou por diferentes etapas, no 3000 a.C preparouse a area de aceso no 2700 a.C finalizouse a construcion do corredor e comezaron a realizarse rituais. O lugar no que se atopa foi investigada polo arqueólogo Xose María Bello entre 1987 e 1989. A mámoa ten uns 24 m de diámetro e 1,80 de altura. O Dólmen consta dunha cámara poligonal ancha formada por 7 ostóstatos ( bloque de lousa vertical) no que un deles mide 4,64x3 m, as fosas nas que se atopan estes ortóstatos alcanzan unha profundidade de 140 cm na zona da cámara e 70 cm na do corredor. Sobre esta mámoa existe un megalito anterior e inferior en tamaño e complexidade. Os ortóstatos da cámara conteñen grabados e máis de 20 pequenos ídolos ( imaxes que representan un obxeto). Na actualidade este Dolmen atópase protexido por unha barreira nun recinto de aceso restrinxido aos horarios de visita. Nun corto plazo planificouse que o arquitecto coruñes Francisco Vidal Pérez realizase un proxecto de recuperación do Dólmen para crealo nun centro de visitas cun criterio adecuado de integración na paisaxe e no territorio. Este monumento aparece reflexado na obra de Eduardo Pondal, ``Queixumes dos Pinos´´ o que nos di que este Dólmen está presente na cultura galega.

        Lenda: A lenda do Dólmen de Dombate di que os habitantes que moraban preto deste sentían unha presencia preto deles, peor non sabían de que, ou de quen se trataba. Un día aparecéuselles o demo, e os habitantes ,nun arranque de medo pecharono dentro do Dólmen, atrapadoo. Dende aquela nesa zona respírase un aire de medo, e non se sabe se o demo segue ahí pechado ou se conseguiu fuxir. Tamén se di que os habitantes dese lugar rodearon ó Dólmen de cruceiros para evitar que o demo escapase e sembrase o mundo de medo.


        4- Lectura e resumo destes artigos:

        1-No primeriro artigo publicado por "El Pais" móstranos como nun pobo preto de San Cibrao, concretamente na zona do río Cobo, atopouse unha docena de útis pesados, e aparentemente pouco prácticos, aínda que seguramente fai 300.000 terianno como un gran utensilio para poder despedazar as suas presas de caza.
        Estes doce achazgos (nun primeiro momento pensaron que eran 8 solo) atopounos unha veciña do pobo mentras daba un paseo pola zona, que atopou entre uns coios redondos unha pedra grande e afiáda que se asemellaba aos útis primitivos de sílex que vira nalgunha ocasión. Nese momento avisou a un membro da Mariña Patrimonio(agrupación cultural que naceu para defender o castro da Atalaia) ,e estes confirmaron
        que os tallaron os Homo heidelbergensis ( constaban dun cerebro de capacidade semellante ao do home actual, destes pequenos, nariz chata con grandes orificios e nada de mentón) .


         2-O segundo artigo trata do descubrimento de 12 útis do Paleolítico na terraza fluvial do río Cobo, en Cervo. Estes vestixios paleolíticos teñen unha idade superior a 300.000 anos, unha mostra máis da presenza humana durante o Paleolítico na Mariña. Estos útis serán investigados por Manuel Miranda, un arqueólogo da Direción Xeral de Patrimonio da Xunta. Posteriormente serán depositados no Museo Arqueolóxico de Vilalba especializado na era Paleolítica.


        3-O terceiro artigo trata da aparición dun petroglifo de granito atopado en Cervo, caracterízase pola súa forma xeométrica con 4 círculos concéntricos dun só trazo. A asociación cultural Mariña Patrimonio xa comunicou este descubrimento ao Patrimonio Cultural da Xunta, polo de agora non queren revelar o lugar exacto no que se atopa, pero creen que se poderían atopar máis. Este descubrimento trátase do exemplar máis setentrional do arte rupreste en Galicia, datado na idade de cobre ou a comezos da aparición do metal, uns 3000 anos a.C.