1a- Ripple, definición e situación xeográfica: Son suaves ondulacións na superficie, que proveñen de formas fosilizadas hai millóns de anos debido o movemento da auga. O movemento desta auga deu lugar a antigas praias ou cubetas de auga. Esta erosión orixínase por oleaxes ou turbilencias en terreos areosos. No caso dos ripples galegos a súa orixe débese a zonas de trangresion forte avance e retroceso do nivel do mar o que crea unha forte erosion do terreo por iso podemos atopar en zonas altas erosión mariña.
B-Teclas de piano: Na forma do relevo galego podemos atopar fosas e piares tectónicos ou graben e horst como resultado da ruptura de materiais duros, e dicir, ruptura de fallas de estrutura xermánica. Os horst son as zonas elevadas mentres que as fosas son zonas de depresión por donde circula o rio.
2- Galicia foi modelado por dúas grandes oroxenias, a oroxenia Herciniana e a Alpina. A herciniana sucedeu fai máis 2 millóns de anos. A súa carecterística principal foi a unión das masas continentais nun gran continente denominada Panxea. Nas zonas de colisión creese que se formou unha cordilleira similar o Himalaya. Na Península Ibérica deu lugar a aparición de rochas ígneas no oeste e noroeste (Galicia) da península, aparecendo rochas metamórficas. Galicia, Portugal e Extremadura foron o núcleo do oroxenio, sendo os seus extremos zonas sumerxidas no mar.
A principal caracteristica da oroxenia alpina é a formación das principais cadeas montañosas do sur de Europa e Asia durante esta, empezando polo Atlantico, pasando polo Mediterraneo e o Himalaya, e rematando nas illas de Java e Sumatra. A oroxenia, provocada polo choque da placa Africana contra a Euroasiática, fixo que o zócolo quebrara en fallas de estrutura xermánica provocando graben, horst, serras e depresións, mentres que os materiais máis brandos pregaron en sinclinais e anticlinais.
3-
.Dolina: Na primeira imaxe podemos observar unha Dolina ou tamén chamadas Torcas. Son cubetas de forma circular producidas no relevo Kárstico(rochas sedimentarias). O seu diámetro pode obscilar en varios metros. O fondo destas Dolinas soe ser areoso debido os materiais que o forman.
. Pedra Cabaleira: Na segunda imaxe podemos observar unha pedra cabaleira, rocha granítica de grandes dimensións, neste caso aparece apoiada noutra pedra aínda que é usual atopalas apoiadas sobre o chan. A súa orixe débese a diaclase. Podemos atopalas nos berrocais, zonas onde predominan os berruecos (pedras graníticas de forma mais ou menos redondeadas).
.Rasa: Na terceira imaxe podemos ver unhas rasas costeiras. Trátase da rasa cantábrica, en concreto este tramo pertence a comarca da mariña central, que comeza en Burela coa formación xeomorfolóxica. Trátase dunda superficie plana situada entre o mar cantábrico e as estribacións montañosas, isto xenera un tipo de costa lineal no que destacan praias a pé dos acantilados e arenais separados a menudo por faraions.
.A cova do Rei Cintolo: Na cuarta imaxe podemos atopar a Cova do Rei Cintolo. Esta cova, a máis grande de Galicia, con máis de 7500 metros de lonxitude está situada en Supena ( Cerca de Mondoñedo). No seu interior atopamonos con salas e galerias, e incluso un pequeno lago e rios subterraneos. A cova está distribuida en 3 galerías que mostran interesantes formacións xeolóxicas creadas pola auga nun enorme macizo de rocha caliza, mostrando un relevo Kárstico, tipo de relieve orixinado pola meteorización química de determinadas rochas, compostas por materiais solubles a auga.
. Lagoa da Serpe: Na quinta imaxe podemos ver unha lagoa de orixe glaciar. Estos glaciares fórmanse pola acumulación de grandes masas de xeo nos circos das montañas, estos circos teñen forma cóncava. O xeo das capas inferiores desprázase fora do circo polo val abaixo, unha vez desprazado o glacial nas zonas cóncavas fúndese o xeo formando lagoas de diversa capacidade.
.Marmita xigante: Na sexta imaxe podemos observar unha marmita xigante, é unha formación de orixe fluvio-glaciar de forma mais ou menos circular que se forma nos cauces dos ríos pola acción das correntes fluviais. O seu orixe débese por unha acción xiratoria dos fragmentos das rochas duras que son arrastrados pola corrente e caen nalgun oco no fondo do cauce, ao xirar polo movemento das augas vai profundizando e rodeando a concavidade.
.O Pedregal de Irimia: Na sétima imaxe podemos ver o pedregal de Irimia, este trátase dunha morrena glaciar situada a uns tres ou catro km de Meira, en Lugo. As morrenas son formacións de orixe glaciar, consisten en depósitos de rochas arrastradas no seu momento coas linguas de xeo, que quedaron aliñadas aos lados destas formando verdadeiros campos de rochas redondeadas de tamaño similar.
.Pregas: É unha deformación de rochas xeralmente sedimentarias na que elementos de caracter horizontal nalgún caso metamórficas forman estratos curvos, formando ondulacións alargadas mais ou menos parelelas entre elas. Estas pregas orixínanse por unha compresión de rochas que non chegan a romperse e cando o fan forman as chamadas faias. Soen ubicarse nos bordes das pracas tectónicas e poden ser laterais ou verticais, como resultado dunha zona de subdución.