jueves, 3 de noviembre de 2011

Exercicios elementos e factores do Clima.

1. Xustificación das temperaturas medias anuais en Galicia: 
Haberá unha maior amplitude térmica (as temperaturas serán máis elevadas no verán e máis baixas no inverno) nas zonas de interior (Serra do Courel, dos Ancares...)xa que existe unha maior altura, e non é unha zona tan influenciada polo mar como na costa ( as Rías Baixas ca influenza do océano Atlántico) na que haberá unhas temperaturas máis suaves sobre todo na costa do sur de Galicia pola súa latitude máis baixa, tanto no inverno coma no verán, a súa vez as temperaturas nas zonas de interior podemos decir que a Serra do Courel e dos Ancares seran as máis frias debido a que son as zonas menos determinadas pola oceanidade (o mar non influirá tanto nas súas temperaturas).



2.Precipitacións:

Según este mapa podemos decir que nas zonas de costa haberá máis precipitacións e máis abundantes no suroeste de Galicia, debido a entrada de masas de aire húmido do Atlántico, que se descargan nas zonas preto da costa xa que o efecto Foehn fai que estas masas de aire húmido penetren no interior debido ao pasillo oroxénico que realizan as rías, estas masas atópanse coa dorsal galega e precipitan. Por iso nestas zonas recóllense máis precipitacións ca no resto de Galicia.
3.Brisa marina e brisa de terra:
A brisa mariña: Este fenómeno fórmase cando o aire quente procedente dos raios do sol ascende deixando un vacio por debaixo de el facilitando a entrada do aire frio, por iso aínda que polo día  a terra esté máis quente que o mar estas temperaturas duran menos, xa que o calor do mar perdura máis liberando este calor polas noites, isto esplica o ciclo da brisa mariña.


Definicións:

  • Cristas: Eixe dun anticiclón que se prolonga normalmente entre dúas depresións e onde a forma isobárica aseméllase a letra U. As cristas terám unha presion alta.
  • Valgadas :É unha configuración consistente en isobaras abertas en forma de V, paralelas e cos seus vértices aliñados según un eixe de simetría. Xeralmente os frentes fríos apoianse en vaguadas abertas ata o sur. As valgadas son de baixa presión.
 4.Anticiclón das Azores:


É un anticiclón (zona de alta presión por encima dos 1013 mb) dinámico(descenso de unha masa de aire debido a que este é empuxada hacia a superficie da terra pola advención de altura de masas de aire que a desplazan do lugar onde está) situado normalmente no centro do Atlántico norte ( a altura das illas Azores). É o centro de ación que afecta a Europa, e polo tanto a España, provocando tempo seco, soleado e caluroso durante o verán, aínda que isto sucede en poucas ocasións, tamén pode exercer a súa influenza en outono, primavera e incluso inverno. Neste caso o efecto do anticiclón soe extenderse ata o mar Cantábrico provocando invernos secos, templados e eliminando calquera borrasca existente.
En Galicia este anticiclón afástase e o seu efecto nótase máis no sur, isto facilita a entrada do frente polar con grandes xeadas e neboas matinais en inverno, que este frente polar se achege ou afaste as costas cantábricas dependerá de en que latitude se atope o Jet Stream(corrente en chorro que circula a gran velocidade). En inverno esta corrente descende de latitude facilitando a entrada do fronte polar e en verán aumenta de latitude facilitando a entrada do anticiclón das Azores que actúa sobre a península(costa Cantábrica) impedindo o paso de borrascas asociadas ao frente polar.


    No hay comentarios:

    Publicar un comentario