lunes, 14 de noviembre de 2011

Climograma




O climograma que estamos a analizar represéntase mediante un gráfico de dobre entrada de temperaturas e precipitacións.As precipìtacións represéntase mediante unhas barras de cor azul, e as temperaturas mediante unha liña vermella. No lateral esquerdo aparecen as medidas das precipitacións en mm, e na dereita as cifras das temperaturas en grados. Na liña horizontal inferior a gráfica aparecen os meses do ano.

As temperaturas deste diagrama representan a súa media anual,que non chega aos 25ºC, a súa amplitude térmica é aproximadamente de 11ºC (resultado da resta do mes máis cálido e o mes mái frío),tamén aparece representado que a media do mes máis cálido da imaxe é xullo e agosto, mentras que a media do mes máis frío é xaneiro e decembro, o Anticiclón das Azores ten moito que ver,  porque cando este varía a súa posición ó longo do ano en relación coa corrente en chorro e a fronte polar: no verán cando a fronte polar sitúase sobre os 66ºN, quedamos baixo a súa influencia con tempo cálido e seco( fai de barreira contra as correntes do oeste); no inverno, ó situarse máis meridional a fronte polar, quedamos baixo as influencias das baixas presións nortlánticas que traerán frío e precipitacións).

A precipitación total anual é moi escasa, podendo chegar a haber meses con escasa choiva ou inexistente, o mes máis húmido neste climograma é decembro podendo chegar aos 120mm, mentras que o mes con menos choivas é xullo que no chega nin aos 20mm, na imaxe pódese apreciar a diferencia que hai entre as estacións, por exemplo nos mes de xullo ou agosto non pasa dos 20mm, e nos meses de inverno, como por exemplo en novembro é superior a 90mm,chegando acadar en decembro os 125mm,tamén podemos observar unha irregularidade na imaxe pois seguindo o índice de Gausen podemos atopar dous meses secos, nos que a liña de temperatura supera as barras das precipitacións.
Despois de analizar todas estas características que nos presenta o climograma, podemos chegar a conclusión de que o clima que representa é un clima Mediterráneo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario