Os Sequeiros:
Construcción realizada polo home coa finalidade de secar as castañas. En ocasións é empregado como vivenda( ten forma cadrada e está construída en pedra e madeira) durante o proceso de secado, que dura máis ou menos 15 días, este proceso pódese realizar máis dunha vez. Posúe un piso inferior no que se encende un fogo e unha parte superior no que se colocan as castañas para que sequen afumandoas. O chan do piso inferior está construido con taboas lisas en forma de cuña e isto favorece o paso do aire e do fume.
miércoles, 23 de noviembre de 2011
lunes, 14 de noviembre de 2011
Climograma
O climograma que estamos a analizar represéntase mediante un gráfico de dobre entrada de temperaturas e precipitacións.As precipìtacións represéntase mediante unhas barras de cor azul, e as temperaturas mediante unha liña vermella. No lateral esquerdo aparecen as medidas das precipitacións en mm, e na dereita as cifras das temperaturas en grados. Na liña horizontal inferior a gráfica aparecen os meses do ano.
As temperaturas deste diagrama representan a súa media anual,que non chega aos 25ºC, a súa amplitude térmica é aproximadamente de 11ºC (resultado da resta do mes máis cálido e o mes mái frío),tamén aparece representado que a media do mes máis cálido da imaxe é xullo e agosto, mentras que a media do mes máis frío é xaneiro e decembro, o Anticiclón das Azores ten moito que ver, porque cando este varía a súa posición ó longo do ano en relación coa corrente en chorro e a fronte polar: no verán cando a fronte polar sitúase sobre os 66ºN, quedamos baixo a súa influencia con tempo cálido e seco( fai de barreira contra as correntes do oeste); no inverno, ó situarse máis meridional a fronte polar, quedamos baixo as influencias das baixas presións nortlánticas que traerán frío e precipitacións).
A precipitación total anual é moi escasa, podendo chegar a haber meses con escasa choiva ou inexistente, o mes máis húmido neste climograma é decembro podendo chegar aos 120mm, mentras que o mes con menos choivas é xullo que no chega nin aos 20mm, na imaxe pódese apreciar a diferencia que hai entre as estacións, por exemplo nos mes de xullo ou agosto non pasa dos 20mm, e nos meses de inverno, como por exemplo en novembro é superior a 90mm,chegando acadar en decembro os 125mm,tamén podemos observar unha irregularidade na imaxe pois seguindo o índice de Gausen podemos atopar dous meses secos, nos que a liña de temperatura supera as barras das precipitacións.
Despois de analizar todas estas características que nos presenta o climograma, podemos chegar a conclusión de que o clima que representa é un clima Mediterráneo.
jueves, 3 de noviembre de 2011
Exercicios elementos e factores do Clima.
1. Xustificación das temperaturas medias anuais en Galicia:
É un anticiclón (zona de alta presión por encima dos 1013 mb) dinámico(descenso de unha masa de aire debido a que este é empuxada hacia a superficie da terra pola advención de altura de masas de aire que a desplazan do lugar onde está) situado normalmente no centro do Atlántico norte ( a altura das illas Azores). É o centro de ación que afecta a Europa, e polo tanto a España, provocando tempo seco, soleado e caluroso durante o verán, aínda que isto sucede en poucas ocasións, tamén pode exercer a súa influenza en outono, primavera e incluso inverno. Neste caso o efecto do anticiclón soe extenderse ata o mar Cantábrico provocando invernos secos, templados e eliminando calquera borrasca existente.
En Galicia este anticiclón afástase e o seu efecto nótase máis no sur, isto facilita a entrada do frente polar con grandes xeadas e neboas matinais en inverno, que este frente polar se achege ou afaste as costas cantábricas dependerá de en que latitude se atope o Jet Stream(corrente en chorro que circula a gran velocidade). En inverno esta corrente descende de latitude facilitando a entrada do fronte polar e en verán aumenta de latitude facilitando a entrada do anticiclón das Azores que actúa sobre a península(costa Cantábrica) impedindo o paso de borrascas asociadas ao frente polar.
Haberá unha maior amplitude térmica (as temperaturas serán máis elevadas no verán e máis baixas no inverno) nas zonas de interior (Serra do Courel, dos Ancares...)xa que existe unha maior altura, e non é unha zona tan influenciada polo mar como na costa ( as Rías Baixas ca influenza do océano Atlántico) na que haberá unhas temperaturas máis suaves sobre todo na costa do sur de Galicia pola súa latitude máis baixa, tanto no inverno coma no verán, a súa vez as temperaturas nas zonas de interior podemos decir que a Serra do Courel e dos Ancares seran as máis frias debido a que son as zonas menos determinadas pola oceanidade (o mar non influirá tanto nas súas temperaturas).
2.Precipitacións:
Según este mapa podemos decir que nas zonas de costa haberá máis precipitacións e máis abundantes no suroeste de Galicia, debido a entrada de masas de aire húmido do Atlántico, que se descargan nas zonas preto da costa xa que o efecto Foehn fai que estas masas de aire húmido penetren no interior debido ao pasillo oroxénico que realizan as rías, estas masas atópanse coa dorsal galega e precipitan. Por iso nestas zonas recóllense máis precipitacións ca no resto de Galicia.
3.Brisa marina e brisa de terra:
A brisa mariña: Este fenómeno fórmase cando o aire quente procedente dos raios do sol ascende deixando un vacio por debaixo de el facilitando a entrada do aire frio, por iso aínda que polo día a terra esté máis quente que o mar estas temperaturas duran menos, xa que o calor do mar perdura máis liberando este calor polas noites, isto esplica o ciclo da brisa mariña.
Definicións:
- Cristas: Eixe dun anticiclón que se prolonga normalmente entre dúas depresións e onde a forma isobárica aseméllase a letra U. As cristas terám unha presion alta.
- Valgadas :É unha configuración consistente en isobaras abertas en forma de V, paralelas e cos seus vértices aliñados según un eixe de simetría. Xeralmente os frentes fríos apoianse en vaguadas abertas ata o sur. As valgadas son de baixa presión.
É un anticiclón (zona de alta presión por encima dos 1013 mb) dinámico(descenso de unha masa de aire debido a que este é empuxada hacia a superficie da terra pola advención de altura de masas de aire que a desplazan do lugar onde está) situado normalmente no centro do Atlántico norte ( a altura das illas Azores). É o centro de ación que afecta a Europa, e polo tanto a España, provocando tempo seco, soleado e caluroso durante o verán, aínda que isto sucede en poucas ocasións, tamén pode exercer a súa influenza en outono, primavera e incluso inverno. Neste caso o efecto do anticiclón soe extenderse ata o mar Cantábrico provocando invernos secos, templados e eliminando calquera borrasca existente.
En Galicia este anticiclón afástase e o seu efecto nótase máis no sur, isto facilita a entrada do frente polar con grandes xeadas e neboas matinais en inverno, que este frente polar se achege ou afaste as costas cantábricas dependerá de en que latitude se atope o Jet Stream(corrente en chorro que circula a gran velocidade). En inverno esta corrente descende de latitude facilitando a entrada do fronte polar e en verán aumenta de latitude facilitando a entrada do anticiclón das Azores que actúa sobre a península(costa Cantábrica) impedindo o paso de borrascas asociadas ao frente polar.
Clima: elementos y factores
- Amplitude Térmica: Diferencia de temperatura que hai entre entre as temperaturas máis altas e baixas nun determinado lugar xeográfico durante un período de tempo: ano, mes...
- Latitude: Distancia que existe dende un determinao punto do planeto a liña do ecuador mídese atraves dun meridian ( latitude norte e sur).
- Oceanidade. Influencia que exercen o óceano sobre os factores climáticos, esta regulación exercese suavizando as temperaturas.
Clima, elementos e factores.
Amplitude térmica: A amplitude térmica é a diferencia entre a temperatura máis alta e a máis baixa, durante un período de tempo determinado, influindolle factores como a distancia do mar ou a altitude.
Latitude:A latitude é a distancia que existe dende un punto calquera do globo terrestreata o ecuador, esta medida é expresada en grados sexaxesimais.
Oceanidade:Oceanidade é a influencia que exerce nos elementos do clima, a proximidade de mares ou oceános, producindo por exemplo, temperaturas mais suaves nas zonas bañadas por un mar ou oceáno.
Clima, elementos e factores.
- Amplitude Térmica: é a diferenza entre a temperatura máxima e mínima durante un períado determinado nun lugar en concreto.
- Latitude: é a distancia que hai dende calquer lugar da superficie terrestre ata o ecuador( latitude norte ou sur).
- Oceanidade: Influenza que exercen os océanos nos elementos do clima, producindo alteracións máis suaves neste(suaviza as temperaturas).
miércoles, 2 de noviembre de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)