jueves, 19 de enero de 2012

Activividades económicas

1-A Pesca:
  • O porcentaxe de flota galega representa un 40% dos barcos españois. Das actividades pesqueiras realizadas en Galicia só se consume 1/3 o resto expórtase, un 75% ao resto de España e un 25% a outros países. Dentro das actividades pesca podémolas dividir en pesca extractiva, marisqueo e acuicultura. Os principais produtos acuicolas son o Argazo real (alga), que no ano 2009 pescáronse 3200 kg a 0,70 euros o kilo. Dentro dos bivalvos destacan a Ameixa xaponesa cun 4,7% da pesca total e os mexillóns cun 52,94%. Dentro dos peixes destaca o rodaballo cun 33,46%. As principais lonxas da Mariña son Burela e Celeiro, estando no 4º e 5º posto das lonxas máis productivas de Galicia.
  • A principal diferenza entre estos caldeiros é o porcentaxe ou o espazo xeográfico no que se realiza a pesca, o caldeiro nacional contará cun maior espazo adicado a pesca, xa que fai referencia a toda España, mentres que os caldeiros comunitarios fan referencia só a pesca dentro da Comunidade Económica Europea, e dicir, dentro dos países da Unión Europea con moeda euro, pola contra o caldeiro que abarca unha maior superficie pesqueira é o internacional, que se refire a aquelas capturas realizadas fora do territorio español, como pode ser Irlanda, Perú, Portugal...etc. Dentro da pesca nacional destaca a pesca de cerco, que consiste como o seu propio nome indica en cercar ao peixe (sardiña, xurel, cabala...), é decir, colócase a lancha pequena de gran motor preto do banco de peixes, posteriormente sóltase a rede duns 750m de lonxitude e 50 de ancho, a rede fai un circulo ó redor dos peixes e captúraos.
  • Dentro dos pesqueiros comunitarios destaca a pesca con palangre no fondo, a palangre é un aparello composto por unha serie de brazais (normalmente de fío plástico), estes brazos lineais únense entre si mediante anzois, por este motivo é unha das pescas máis selectas xa que dependen do tamaño do cebo e da profundidade, dependendo da especie. A palangre en fondo é empregada coma pesca artesanal sobre o leito mariño.Na pesca internacional destacan a pesca de arrastre. Consiste no emprego dunha rede lastrada que barre o fondo do mar capturando todo o que encontra ao seu paso. Esta práctica considérase destructiva para o ecosistema xa que non realiza unha seleción a hora de capturar as especies.
  •  Galicia é unha das comunidades autónomas máis representativas en canto a actividades pesqueira, con máis da metade dos establacementos conserveiros relacionados con esta actividade, conta con 67 establecementos de 147 que ten España. En canto a facturación posúe máis da metade con 967,02 de 1.239,77 que ten España. Isto débese a que en Galicia expórtase ó 75% da pesca ao resto de España. En canto a produción de conservas a maioría con 248.958 Tm prodúcense en Galicia mentras que no resto de España prodúcense o 311.197 Tm, estas industrias conserveiras soense situar preto do portos para facilitar o transporte e aforrar os costes. Estas industrias xeran só en Galicia 12.050 empregos dos 15.512 xerados en toda España.
2-Sector Secundario:
    Aínda que o sector secundario foi crecendo en emprego ao longo dos últimos anos, Galicia segue cun gran retraso comparandoo con outras comunidades de España.
    No primeiro mapa temático a comentar, no cal se fala do numero de empresa activas en España por cada 100 habitantes, vemos que Galicia atopase no segundo posto, cunha media inferior a española,( a española é de 7.3, mentras que a galega ten unha media de 7 a 8), nesa situacion atopanse Logroño, entre outras.
    Galicia tamén se atopa no segundo posto si estamos a falar do segundo mapa temático, o cal mostranos a distribución da cifra de negocios, no cal Galicia ocupa dun 5 a un 10% do 100% dos negocios españois, atopándose na mesma situación Castela e León e o País Vasco.
    Por último no terceiro mapa temático, fálasenos sobre o gasto interno do PIB, mostranos que Galicia tamén neste tema ocupa o segundo posto, neste caso cunha media de 1 a 1.5 coma Andalucía (entre outras comunidades).
    3-Sector Servizos:
    Nesta grafica presentanos a evolución do sector agricola e mais o sector servizos, dende o ano 1977 ata o 2010.
    Observando a gráfica podemos dicir que no ano 1977, a porcentaxe de poboación dedicada ao sector primario era moi elevada, acadando o 44.69%, mentres que os servizos só acadaban un 7.9%, isto debese principalmente a que o ano 1977 a maioria da poboación galega vivia no medio rural ,fomentandose asi a agricultura para o autoconsumo, atopando deste modo a súa forma de supervivencia.
    Pola contra, no ano 2010 atopamos todo o contrario, tan só un 28.5% se dedicaba ao sector primario,dento de esta porcentaxe destacan persoas da terceira idade ou daquelas que de adican a agricultura como segunda actividade, é un 67% adicase ao sector servicios, este cambio debese primordialmente ao éxodo rural, é dicir toda esa xente que abandonou as aldeas para ir en busca dunha vida mellor nas cidades. Outro factor de gran influenfcia na nosa comunidade foi o turismo, principalmente gracias ao descubrimento do Apostol Santiago, o que provocou unha forte atracción do turismo sobre todo cada 4 anos coa celebración dos anos Xacobeos. Entre outras actividades turísticas destacan as casas rurais en zonas tanto de montaña, como o Courel, como o turismo de praia nas Rías Baixas, tamén existen importantes balnearios, como o de Mondariz ou La Toja.

    viernes, 2 de diciembre de 2011

    Demografía e Habitat

    Exercicio1: Pirámide
    • No ano 1998 entorno a base de pirámide podemos observar que o número de nacementos era menor ca no 2009. Sen embargo o número de nacementos de homes segue a ser maior ca o de mulleres. Aínda así co paso dos anos podemos comprobar que a esperanza de vida e menor nos homes que nas mulleres. Facendo referencia a esta esperanza de vida podemos decir que é maior no 2009 ca no 1998. Estes datos non só fan referencia ás idades máis maiores senon que nas personas de 40-50 anos tamén é maior o porcentaxe no 2009. A causa de que haxa un maior porcentaxe da poboación polo aumento progresivo da calidade de vida mentres que no 1998 a pesar de que se produce un aumento polo baby boom posterior a guerra a poboación de entre os 40-50 anos e menor polo pobreza e pola Guerra  Civil, que ocurría en España nos anos 30 e 40.
    • Podemos observar que na comarca dos Ancares a poboación se decanta polo avellentamento e o pouco índice de natalidade, mentres que na comarca da Coruña a poboación e máis nova e o índice de avellentamento e menor, e por último, na Mariña Occidental observamos que hai máis natalidade que nos Ancares, pero existe máis xente vella que na comarca da Coruña. Con estes datos deducimos que nas zonas de interior, como os Ancares, a natalidade é moi baixa, comparada coas zonas de costa máis desenvolvidas industrialmente a natalidade é maior, e existe moito avellentamento polo éxodo rural, que se produciu nestes lugares.
    Exercicio 3:
    • Diferencias entre a pirámide de España e Galicia: En Galicia o número de nacementos e menor ca o de España dado que a media de nacementos é maior ainda que na actualidade exista un gran déficicit de xente en idade fértil que se ve compensado polos inmigrantes. Outra diferencia significativa é que en proporción a esperanza de vida é menor ca a de España, isto débese a que nos anos 20-30 o número de nacementos en Galicia, especialmente nos núcleos rurais, foi moi elevada en proporción cos de España.
    •  Si, nótase un gran crecemento progresivo poboacional naquelas persoas que teñen no ano 2009 entre os 35 e os 40 anos. Este crecemento da poboación débese a unha mellora na calidade de vida, despois dos anos de pobreza da Guerra Civil.
    • Diferencias entre as pirámides provinciais:  Unha das diferencias máis significativas é a diferencia de natalidade que existe entre Ourense e Á Coruña, chegando a ser ata 5 veces maior na Coruña, pola contra, outra diferencia,é que a esperanza de vida en proporción é moito maior en Ourense ou Lugo ca en Coruña, isto débese a que o número de nacementos no nos anos 20 e 30 foi moito maior. Outra diferencia é que entre Lugo e Coruña, en Lugo a diferencia poboacional entre as idades dos habitantes non é tan grande como na Coruña.Tamén compre destacar e que a esperanza de vida das mulleres en Ourense é moito maior ca dos homes, mentres que en Pontevedra esta diferencia non tan marcada. A última diferencia é que nos anos 60 o Baby Boom foi significativo na Coruña e Pontevedra ca en Lugo e Ourense.
    Exercicio 4:

    • Carballal: Esta parroquia recibe o seu nome porque noutro tempo estaba rodeado dunha formación vexetal de carballos.
    • Pedregais: Esta parroquia recibe o seu nome porque noutro tempo o solo estaba formado por un conxunto de pedras, chamado pedregal.
    • Tordoia: Recibe o seu nome porque noutro tempo esta zona estaba chea de castiñeiros.
    • Vilar e Viladabad: Esta parroquia recibe o seu nome porque son terras gañadas ao bosque que co tempo se poden dar a constituir un nucleo independente.
    • Carballeira de Arriba: Ao igual que o Carballal, esta parroquia recibe o seu nome polo gran número de carballos que había noutro tempo.
    • Castro: Ten este nome polos castros preromanos que había na antiguidade nesa zona.
    • Casal de Devesa: Recibe o seu nome porque no pasado tería un habit disperso, e dicir, explotacións illadas estableclidas en terreos con poucas casas.

        miércoles, 23 de noviembre de 2011

        Os Sequeiros

        Os Sequeiros:

         Construcción realizada polo home coa finalidade de secar as castañas. En ocasións é empregado como vivenda( ten forma cadrada e está construída en pedra e madeira) durante o proceso de secado, que dura máis ou menos 15 días, este proceso pódese realizar máis dunha vez. Posúe un piso inferior no que se encende un fogo e unha parte superior no que se colocan as castañas para que sequen afumandoas. O chan do piso inferior está construido con taboas lisas en forma de cuña e isto favorece o paso do aire e do fume.

        lunes, 14 de noviembre de 2011

        Climograma




        O climograma que estamos a analizar represéntase mediante un gráfico de dobre entrada de temperaturas e precipitacións.As precipìtacións represéntase mediante unhas barras de cor azul, e as temperaturas mediante unha liña vermella. No lateral esquerdo aparecen as medidas das precipitacións en mm, e na dereita as cifras das temperaturas en grados. Na liña horizontal inferior a gráfica aparecen os meses do ano.

        As temperaturas deste diagrama representan a súa media anual,que non chega aos 25ºC, a súa amplitude térmica é aproximadamente de 11ºC (resultado da resta do mes máis cálido e o mes mái frío),tamén aparece representado que a media do mes máis cálido da imaxe é xullo e agosto, mentras que a media do mes máis frío é xaneiro e decembro, o Anticiclón das Azores ten moito que ver,  porque cando este varía a súa posición ó longo do ano en relación coa corrente en chorro e a fronte polar: no verán cando a fronte polar sitúase sobre os 66ºN, quedamos baixo a súa influencia con tempo cálido e seco( fai de barreira contra as correntes do oeste); no inverno, ó situarse máis meridional a fronte polar, quedamos baixo as influencias das baixas presións nortlánticas que traerán frío e precipitacións).

        A precipitación total anual é moi escasa, podendo chegar a haber meses con escasa choiva ou inexistente, o mes máis húmido neste climograma é decembro podendo chegar aos 120mm, mentras que o mes con menos choivas é xullo que no chega nin aos 20mm, na imaxe pódese apreciar a diferencia que hai entre as estacións, por exemplo nos mes de xullo ou agosto non pasa dos 20mm, e nos meses de inverno, como por exemplo en novembro é superior a 90mm,chegando acadar en decembro os 125mm,tamén podemos observar unha irregularidade na imaxe pois seguindo o índice de Gausen podemos atopar dous meses secos, nos que a liña de temperatura supera as barras das precipitacións.
        Despois de analizar todas estas características que nos presenta o climograma, podemos chegar a conclusión de que o clima que representa é un clima Mediterráneo.


        jueves, 3 de noviembre de 2011

        Exercicios elementos e factores do Clima.

        1. Xustificación das temperaturas medias anuais en Galicia: 
        Haberá unha maior amplitude térmica (as temperaturas serán máis elevadas no verán e máis baixas no inverno) nas zonas de interior (Serra do Courel, dos Ancares...)xa que existe unha maior altura, e non é unha zona tan influenciada polo mar como na costa ( as Rías Baixas ca influenza do océano Atlántico) na que haberá unhas temperaturas máis suaves sobre todo na costa do sur de Galicia pola súa latitude máis baixa, tanto no inverno coma no verán, a súa vez as temperaturas nas zonas de interior podemos decir que a Serra do Courel e dos Ancares seran as máis frias debido a que son as zonas menos determinadas pola oceanidade (o mar non influirá tanto nas súas temperaturas).



        2.Precipitacións:

        Según este mapa podemos decir que nas zonas de costa haberá máis precipitacións e máis abundantes no suroeste de Galicia, debido a entrada de masas de aire húmido do Atlántico, que se descargan nas zonas preto da costa xa que o efecto Foehn fai que estas masas de aire húmido penetren no interior debido ao pasillo oroxénico que realizan as rías, estas masas atópanse coa dorsal galega e precipitan. Por iso nestas zonas recóllense máis precipitacións ca no resto de Galicia.
        3.Brisa marina e brisa de terra:
        A brisa mariña: Este fenómeno fórmase cando o aire quente procedente dos raios do sol ascende deixando un vacio por debaixo de el facilitando a entrada do aire frio, por iso aínda que polo día  a terra esté máis quente que o mar estas temperaturas duran menos, xa que o calor do mar perdura máis liberando este calor polas noites, isto esplica o ciclo da brisa mariña.


        Definicións:

        • Cristas: Eixe dun anticiclón que se prolonga normalmente entre dúas depresións e onde a forma isobárica aseméllase a letra U. As cristas terám unha presion alta.
        • Valgadas :É unha configuración consistente en isobaras abertas en forma de V, paralelas e cos seus vértices aliñados según un eixe de simetría. Xeralmente os frentes fríos apoianse en vaguadas abertas ata o sur. As valgadas son de baixa presión.
         4.Anticiclón das Azores:


        É un anticiclón (zona de alta presión por encima dos 1013 mb) dinámico(descenso de unha masa de aire debido a que este é empuxada hacia a superficie da terra pola advención de altura de masas de aire que a desplazan do lugar onde está) situado normalmente no centro do Atlántico norte ( a altura das illas Azores). É o centro de ación que afecta a Europa, e polo tanto a España, provocando tempo seco, soleado e caluroso durante o verán, aínda que isto sucede en poucas ocasións, tamén pode exercer a súa influenza en outono, primavera e incluso inverno. Neste caso o efecto do anticiclón soe extenderse ata o mar Cantábrico provocando invernos secos, templados e eliminando calquera borrasca existente.
        En Galicia este anticiclón afástase e o seu efecto nótase máis no sur, isto facilita a entrada do frente polar con grandes xeadas e neboas matinais en inverno, que este frente polar se achege ou afaste as costas cantábricas dependerá de en que latitude se atope o Jet Stream(corrente en chorro que circula a gran velocidade). En inverno esta corrente descende de latitude facilitando a entrada do fronte polar e en verán aumenta de latitude facilitando a entrada do anticiclón das Azores que actúa sobre a península(costa Cantábrica) impedindo o paso de borrascas asociadas ao frente polar.


          Clima: elementos y factores

          • Amplitude Térmica: Diferencia de temperatura que hai entre entre as temperaturas máis altas e baixas nun determinado  lugar xeográfico durante un período de tempo: ano, mes...
          • Latitude: Distancia que existe dende un determinao punto do planeto a liña do ecuador mídese atraves dun meridian ( latitude norte e sur).
          • Oceanidade. Influencia que exercen o óceano sobre os factores climáticos, esta regulación exercese  suavizando as temperaturas.

          Clima, elementos e factores.


          Amplitude térmica: A amplitude térmica é a diferencia entre a temperatura máis alta e a máis baixa, durante un período de tempo determinado, influindolle factores como a distancia do mar ou a altitude.

          Latitude:A latitude é a distancia que existe dende un punto calquera do globo terrestreata o ecuador, esta medida é expresada en grados sexaxesimais.

          Oceanidade:Oceanidade é a influencia que exerce nos elementos do clima, a proximidade de mares ou oceános, producindo por exemplo, temperaturas mais suaves nas zonas bañadas por un mar ou oceáno.