lunes, 7 de mayo de 2012

Mariscal Pardo de Cela

O proceso do Mariscal Pardo de Cela

Pedro Pardo de Cela foi un señor feudal, nacido en Betanzos, foi un Mariscal galego do século XV, fillo de Xoan Nuñez Pardo, señor da torre de Cela e de Teresa Rodríguez de Aguiar. Foi partidario de Xoana a Beltranexa, ao morrer o seu pai Enrique IV de Castela. Apoiouna como herdeira ao trono. A súa familia pertencía á nobreza baixa galega e aumentou a súa fortuna ao casar ca filla do conde Lemos. Debido as súas relacións co Obispo de Mondoñedo recibía gran parte dos ingresos totais, foi alcalde de Viveiro.

Era un dos grandes poseedores das terras de Mondoñedo, herdou do seu pai delegado da encomenda do obispado de Mondoñedo o seu título de Conde Pedro Enríquez de Castro, e da súa nai, herdour ricas terras do redor de Mondoñedo. Da súa muller herdou importantes dióceses mindonienses, tamén obtiu diverses bens e rentas do municipio de Viveiro, como a Castro de Ouro, o mosteiro de San Salvador de Lourenzá...

O Reino de Galicia encontrabase entonces nunha situación política delicada tras sufrir dúas Guerras Civís Irmandiñas. Asesinado con veleno o rei Henrique IV, estalou a guerra sucesoria entre galegos e casteláns, declarando éstos raiña a Doña Isabel A Católica, mentres que Galicia defendía ao lexítimo herdeira Dona Xohana A Beltranexa. Tres anos durou a loita dos galegos e dos casteláns, pero os primeiros non podían face fronte ao poder dos casteláns, que gañaban as loitas e ían subsituíndo a nobreza galega pola castelán. Pardo de Cela foi traizoado polos seus serventes que deixaron entrar aos seus enemigos ao seu castelo, e foi apresado o 7 de Decembro de 1483 xunto co seu fillo. O mariscal e o seu fillo foron condenados a morte en execución pública como exemplo para os rebeldes e foron executados na praza de Mondoñedo. Os corpos dos dous homes foron enterrados para que non foron venerados como heroes galegos.

lunes, 23 de abril de 2012

Feudalismo, Baixa Idade Media

Definicións

  • Irmandades: Revelións que tiveron lugar no século XV no reino de Galicia contra a opresión señorial. Creadas polos homes do campo, burgueses, artesáns...co fin de liberarse dos Bispos e pasar a depender dos reis. Estas revoltas serviron para garantir a orde pública nunha etapa de inseguridade, debido ao carácter sólido e colectivo que tiveron. As principáis causos foron as presións señoriais e as loitas dinásticas.
  • Irmandade Fusquenlla: Formouse no 1431 nas terras do señor Andrade como forma de revelión dos seus vasalos ante o maltrato recibido pola familia Andrade. Esta revolta iniciouse en Pontevedra e Betanzos, e expandíuse por Lugo e Mondoñedo incluíndo o arzobispado de Santiago de Compostela. Esta irmandade foi dirixida polo fidalgo Roi Xordo.
  • Cuadrilleiros: Dentro da organización de cada Irmandade destacaban os cuadrilleiros, que eran alcaldes, procuradores...que se caracterizaron por tomar as decisións importantes nun primeiro momento.
  • Vara de xustiza: Atribución que se lle daba a tarefa dos Irmandiños de controlar o país, establecendo a orde pública durante os dous anos que durou a revolta, tendo o poder oos alcaldes e cuadrilleiros.


viernes, 20 de abril de 2012

Esquema plena idade media, Laura.

Plena Idade Media (XI  a XIII)


Dende finais do séc. XI, Galicia truncou a súa expansión cara o sur, aínda que os sés sociais, economicas e  culturais perdurarán nos séculos vindeiros.




  1. Demografía, expansión económica e renacer das cidades.
  • Núcleo rural
          Aumenta a poboación, medran os antigos núcleos urbanos, hábitat disperso en casás ou vilaes, creanse                         novos núcleos como as vilas novas. A partir deste crecemento apareceron novos cambios, como:
  1. Ampliación do espazo cultivado, reducindo barbeito, como nas comarcas do sur.
  2. Evolución das técnicas.
  3. Mais emprego de ferramentas de ferro, extendendose tamen o arado.
  4. Extendese o cultivo da vide ( o comercio maritimo favorecia a sua expansión)
  5. Xeneralizanse os foros ( larga duración e renda)
  • Núcleo urbano
        No mundo urbano tamén se desenvolveu un forte crecemento, destacado en caracteristicas, como:

  1. A parte dos gremios que controlaban a poboación, hai cofrarias vinculadas os oficios e os seus santos patróns.
  2. Extendese o uso da moeda, da cal a sua acuñación era privilexio real.
  3. As cidades galegas foron esacasas cidades de reguengo, o que limitou a capacidade de patriciado urbano como motor de crecemento.
  4. Compostela foi ata o séc. XX a cidade mais importante de Galicia, e nun segundo lugar estaba o eixo que le localizou ao longo da costa como Viveiro ou Ribadeo entre outras, todas centradas en actividades comerciais e mariñeiras.
    2.Sociedade.

Respeto a sociedade da plena idade media tamén e produciron unha serie de cambios, como por explemplo:

  • O cambio mais importante a aparición do foro,que favorecían aos campesiños, pois estes non podían ser desaloxados das terras. Esta masa de foreiros, dependente dos mosteiros ou dos nobres, constituía a base da poboacióon.
  • Os habitantes das cidades eran dende humildes artesáns a ricos comerciantes, que trataban opoñerse os privilexios señoriais.
  • A riqueza da sociedade seguía estando nas mans da nobreza, ainda que a nobreza laica experimentou un proceso de decadencia, tan notorio foi este declive que incluso se viron obrigados a buscar a protección dos señores eclesiasticos a cambio de entregarlle as terras.
  • Son os bispos e abades os que prevalecen nesta etapa medieva.
  • Nas actividades comerciais destacan os xudeos, instalados en grupos minoritarios, nalgúns casos con barrios propios e noutros en que non.
   3.As loitas políticas.

Trala morte de Fernando I, o seu reino divideuse entre os seus fillos,correspondendo Galicia a Don García, pero o seu reinado rematará cando se fan con el os seus irmáns Sancho de Castela e mais Alfonso de León, polo tanto o último reinado de García sería a derradeira experiencia de independentismo para Galicia, esta nunca volve a ser independente ainda que ainda que os monarcas posteriorres mantiveron a titulación de reis de Galicia , agora pasa a ser unha provincia formada por condes representantes do monarca, moitos deles nados ou formados en Galicia.
Pero a partid do séc. XX, as loitas politicas volvenseme mais duras,  pasando por varias etapas:

  • No ano 1090 chegou como gobernador do condado de Galicia Raimundo de Borgoña, a morte de Raimundo houbo uha gran crise politica, pois unha faccion da nobreza aliouse ca sua muller e a restante co seu fillo ( que xa quedara marxinado no acceso ao atrono leonés).
  • No ano 1111, Alfonso Raimundez foi proclamado rei de Galicia, pero trala morte da sua nai , tamen se fillo co poder de Castela e León convertendose reina dela tamen e convertindose en Alfonso VII, incorporando definitivamente a Galicia o reino castelan-leones.
  • No ano 1943, Alfonso Henriques (fillo de Henrique de Borgoña e dona tereixa) proclamouse como o primeiro rei de Portugal, despois dunha batalla e ursupar os dereitos que tiña a sua nai.
  • Mentres que no novo reino iniciaba a súa expansión cara o sur, a Gallaecia lucense recollida en si mesma pero unida a Europa a través do camiño de Santiago , foi capaz de desenvolver a súa identitade ao longo da historia.


viernes, 23 de marzo de 2012

Feudalismo, Alta Idade Media

1- Festa Vikinga en Catoira.

Catoira é un municipio que pertence a provincia de Pontevedra. Situado na comarca do Salnés, limita cos concellos de Caldas de Reis, Valga e Vilagarcía de Arousa e co río Ulla. Catoira ten unha festa por cada parroquia pero a festa máis importante do concello de Catoira e a Vikinga, unha festa que está declarada de interés Turístico Internacional.

A Romaría Vikinga celébrase o primeiro domingo de agosto, dende a súa primeira edición no ano 1960. Trátase dunha festa profana, que rememora o papel que desempeñou Catoira na defensa de Galicia fronte ós ataques dos piratas normandos e sarracenos na busca do tesouro da Igrexa Compostelá.
A Romaría Vikinga é hoxe patrimonio de tódolos catoirenses, que traballaron duramente para convertela nunha das festas máis famosas e peculiares de Galicia, sendo declararada no ano 2002 festa de Interese Turístico Internacional.

Baixo un viaducto, que atravesa o río Ulla, encoóntranse as ruinas da antiga fortaleza: "Castellum Honesti". Foron levantadas no século XII por orden do arzobispo Xelmírez, coa misión de pechar o paso das expedicións escandinavas e sarracenas que se dirixían a Compostela. Durante o século XVIII as murallas aún mantíñanse en pé e sirveron para defenderse dos ataques ingleses. Posteriormente caeron no abandono ata quedar no estado actual no que se encontran. Estas torres foron declaradas Monumento Nacional e mostran a sua grandeza o primer domingo de agosto, cando se celebra a Romaría Vikinga que recorda o pillaxe dos guerreiros normandos sobre os pobos costeiros da ría de Arousa.

As torres do Oeste son uns restos deunha fortificación situada ás orillas do río Ulla, xusto na desembocadura do mar. Esta situación permitíalle controlar todo o tráfico marítimo da zona ao mesmo tempo que protexía a zona de invasións externas.

A presencia dos vikingos en Galicia prodúxose no período comprendido entre os séculos VII e XII, nun contexto no que os pobos que habitaban Escandinavia habíanse convertido nunha potencia naval, comercial e militar, lanzando expedicións comerciais de saqueo e conquista contra a costa do Océano Atlántico, pero tamén ascendendo polo curso dos ríos ata os lugares que pretendían saquear. Chegaron ata puntos tan alonxados como o Mediterráneo, e entre os lugares que visitaron encontrabase Galicia. A primeira expedición coñecida é cando un grupo de vikingos daneses adentráronse polo río Garona, e empuxados por unha tormenta terminaron chegando ata Galicia, saqueando algunhas aldeas costeiras ata que foron rexeitados nos  arededores da Torre de Hércules. Trala derrota, os vikingos continuaron a súa viaxe ata Lisboa, antes de retornar ao seu país.


2- Os tributos:

  • Fonsadeira (fonsadera) :Tratase dun tributo que se pagaba en substitución de ir á guerra, e que se invertian para os gastos de guerra.
  • Censo: metálico ou especie, por lugar de residencia, posesión do solo da casa, como recoñecemento do señorío.
  • Alcabala: imposto indirecto rexio cobrado nos territorios pertencentes á Coroa de Castela, dende a Idade Media ata o século XIX,  e que se ultilizaba para gravar as transaccións económicas.
  • Herbático ou herbaje:É un  tributo que na Coroa de Aragón se pagaba aos reis ao principio do seu reinado e era proporcional ás cabezas de gando.
  • Facendeira : servicio ou labores persoais en beneficio do rei ou señor.
  • Portádego: imposto cobrado por atravesar os ríos en barca ou pontes.
  • Martiniega: na Coroa de Castela é o imposto máis antigo, pagado o día de San Martín, e que quizáis proviñese do dereito esixido ó campesiñado que se asentaba nun terreo non cultivado previamente.
  • Xantar ou yantar: alimentos que se debían entregar ao rei ou señor cando pasaban polo lugar.
  • Luctuosa (abadía ou mortura) : tributo pagado ó señor polos bens do vasalo que falecía.
  • Maquía: Imposto polo uso do muíño, lagar ou forno.
  • Gabela: é un termo que designa de forma xenérica aos impostos que se gravan sobre un producto de consumo xeral. 
  • Osas ou huesas:trátase dun tributo pagado ao señor polo permiso para contraer matrimonio.

sábado, 10 de marzo de 2012

A miña vida como ciudadana romana, Laura.

Chamome Aldara,teño 15 anos, e vouvos a relatar como é a miña vida dende que cheguei ao conventus Lucus fai cinco anos escapando das penurias que tiñamos que vivir en Roma, meus pais Lucius e Estena,os meu tres irmáns pequenos e mais eu, pois non tiñamos recursos para levar unha vida digna, pero desgraciadamente a nosa vida aqui non é moito mellor, o meu pai e os meus irmáns son alfareiros e a miña nai e máis eu dedicámonos a vender o que eles fabrican nalgún conventus cercano como é o caso do conventus bracatense que é o que mais soemos visitar, porque está cerca e ben comunicado, aínda que é moi perigroso para comerciantes coma nos, polos numerosos vandalos que non intentan asaltar, pero si queremos sobrevivir temos que superar o medo, pois é o único sustento que ten a nosa familia para sobrevivir, é aínda traballando con todo o noso esforzo non nos queda moito diñeiro para nos, xa que temos que pagar a vivenda, xa que vivimos nun domus que ao igual que o taller de alfarería non é noso polo que temos que pagar unhas rendas ao acabar o mes,e tamés temos que pagar os impostos que nos impoñen dende Roma.

O dono do noso domus posue ademais extensións de terras con moita xente que as traballa, utilizan o arado tirado por animais e mais cultiva vide e oliveira, polo cal grazas ao recaudación de todos estes bens pode permitirse vivir nunha gran villae,e permitirse o luxo de comer peixe e mais carne en salazón, mentras que nin tan sequera nós nos podemos permitir soñar con ese luxo nin tan sequera en dias señalados de celebracións.

Como dixen anteriormente,a nosoutros non nos vai demasiado ben coa alfarería,así que para pasar o tempo meus irmáns e mais eu visitamos algunha vez o foro ou reunimonos co meu pai para que nos conte as historias do tio Sandro que é de Iria Flavia coma o meu pai, pero que se fixo militar e recorreu a maior parte de Hispania ata que se foi a Roma co exército, o meu irmán pequeno Paulo soña con seguir os sus pasos para conocer mundo e ter un mellor nivel de vida e poder disfrutar de todo o que envexa do dono da villae, cousa que debido a nosa situación economica vexo moi dificil que se chegue a cumprir, pois na alfarería necesitamos a todas as mans da familia traballando, pero para non quitarlle a ilusión nós damoslle ánimos, pois Paulo todavía é demasiado pequeno para descubrir o dura que é a vida.

lunes, 5 de marzo de 2012

Historia romana. Cristina Pita

Chámome Spurio Calpirnius son un guerreiro que chegou a península de Hispania nas 4 fases da conquista de esta, no 29 a.C. cheguei acompañado de doutros guerreiros e co emperador Augusto para levar acabo unha campaña de represión militar esta campaña dividiuse en tres partes eu fun destinado a Bracara, dirixido por Caio Antisus Vetus.Posteriormente asentariame no que será a capital de imperio Bracara Augusta esta nova etapa caracterizouse pola firma do Pactos de Hospitalidade no que moitos dos meus veciños nativos en Hispania firmazon este pacto de amizade no que es xeral estableceuse unha relación de igualidade no trato.
Unha vez rematadas estas 4 fases da conquista axudei a realizar a administración do territoria no que acabamos decindo que cada provincia quedaría dividida en conventus iuridici no que cada unha tería unidades administrativas menores como o populi e os catellas e todas terían o nome de Augusto.Unha establecidos os territorios con seus respectivos nomes. Colaborei no construcción dunha xa que estas significaron un gran apoia pero o asentamento do nose dominio ainda que apartei ideas pero moitas tiven unha gran partición activa no costrución da via XIX que ia de Braga a Astorga pasando por Lugo para esta construcción aproveitamos algúns dos camiños preexistentes aínda xa que se tratou dun traballo moi duro e minucios coa creacción de pontes, miliarios, nalgunhas ocasións tivemos que construir campamentos para aloxarnos neles aínda que intentaba pasar menos tempo posible nelas ia e viña con moita frecuencia dende Braga para informarlle aos superiores de como ían as obras. Unha vez rematada esta vía decidín retirarme destes traballos debido aos esforzos que supoñían decidín asentarme permanentemente Bracara onde construín unha domus unifamiliar nunha boa zona na vía do Decumano máximo preto do foro que contiña dous patios un central a onde as habitacións daban ou organizábanse entorno aun atrium un patio rectángulo grande e iluminado no que recibía as miñas visitas tamén contaba cun triclinium que comunicaba cunha cociñan e un gran tablinium no que gadarba os importantes documentos dos meus traballo, as letrinas e as habitacións cunha principal e varias secundarias
O que máis me afectou do nova vida na cidade romana foron os elevas impostos que tiña que pagar por ser cidadán romano. Os anos seguintes aoa meu traslado a cidade foron aumentando os domus como abandono dos castros no campo xunto coa aparición de novas aldeas no campo con grandes propietarios algúns grandes amigos meus e con moita man de obra e novas técnicas agrícolas, cultivos
Unha das cousas que máis me chamou a atención foi a progresiva aparición do mercado de orixe matírimo que viña do Mediterráneo e terrestre no que empregabamos como modo de pago as moedas vidros...
Nos anos anteriores a miña morte puiden disfrutar da miña clase social como orde secuestre dentro da élite militar e administrativa
Unha vez asentado a miña vida na cidade e relaxado coas miñas tarefas decidín os lugares de ocio como baños termais con calefacción de só radiante nos cales podiame relación co resto dos habitantes, neles tamén recibir maxaxes e practicar deportes no ximnasios ou palestras de deporte. Otro das miñas grandes afccións eran as partidas ao axedrez, as cales solía realizar nas ceas cós meus amigos os cales degustaba con ricos alimentos e custosas vaixelas.
Para andar pola casa soia empregar cómodas sandalias e togas cando tiña cenas moi importantes empregaba os custosos brazaletes que me agasallaran algúns amigos coa miña chegada a cidade e aneis os cales eran de ouro ou prata.
Nos días de bó tempo gustaba pasear pola cidade visitan o foro, as tendas, os conventos e nalgunhas ocasión acudia ao teatro.
Para concluir gustaríame deixar claro que a vida na cidade é moi confortable e un lugar perfecto para pasar o resto da miña vida alonxada xa das miñas aventuras como querreiro.


galai

Romana por un día. Claudia

O meu nome é Gaia Galerius e son una cidadá romana.Estamos no século V e vivo na cidade de Bracara Augusta, capital de Gallaecia. Antes vivía na cidade de Roma con miña nai Mania, meu pai Tiberius e os meus irmáns máis novos Gnaea e Aulus, pero debido ao traballo do meu pai, tivemos que virnos a vivir a esta cidade extraña, xa que o meu pai é o xeneral das tropas romanas de Hispania. O seu traballo aportou moita gloria e honor a familia, pero descoidou o noso coidado, e iso permitiu que as persoas que se opoñen ao seu traballo asasinaran a miña nai Mania. Agora vivimos nunha gran domus, con moitas cubiculums, un tablinium, unha impluvium, e un gran xardín, pero voto de menos a vida en Roma, e sobre todo, a miña nai. Ela encargábase de coidarnos e de manter a casa cando o meu pai estaba nunha misión, era o seu oficio, garantir que a casa funcionara correctamente e non permitir que os criados descoidaran o seu traballo, pero agora ela non está, e son eu a encargada de manter o fogar. Vivimos no centro da cidade, ao lado do foro, no cardo máximo, onde viven a maioría das familias ricas de Bracara Augusta, a gran parte deles son familias de subordinados do meu pai Tiberius, que veñen manter o orden en Hispania.

Bracara Augusta é unha cidade moi interesante cun anfiteatro inmenso onde se representan grandes loitas, un foro onde coñecer xente,o teatro onde se contan comedias, o templo onde seguir a miña fé, o circo onde as carreiras son increibles e as termas( coma as famosas de Lucus Augusti) onde pasar un tranquilo día, ou onde podes disfrutar de masaxe e de baños relaxados. Tamén na cidade podemos disfrutar da boa comida, como un peixe fresco do mar( sardiña, sargo),o mellor marisco de toda a rexión(mexilón), carne das mellores reses(vacún, porcino) e os mellores vexetais das colleitas(fruta e verdura). O que máis me gusta de cidade son os seus cultivos de árbores, como son o castiñeiro ou o olivo. A sociedade está rexida polos impostos, todos os cidadáns debemos pagalos para poder manter a cidade e os seus lugares. O meu pai é o encargado de manter a paz na cidade e en toda Hispania, pertence a orde ecuestre, xa que é a élite do exército, e sempre está ocupado, por iso aos meus irmáns maís novos Gnaea e Aulus educaos un home moi xovén que se encarga de convertilos nunha señorita e nun home feito e dereito. Ese home chámase Gaius Cariatius e é un home bó, cariñoso e dunha familia da nobreza da cidade. Gaius pediulle a miña man en matrimonio, e el aceptou, pois quere que teña a vida que tivo a miña nai, de riquezas e honor, e para iso regaloume un monton de xoias, como pendentes, colgantes,brazalates, diademas e multitude de vestidos. Gaius pertence ao consello da cidade, e grazas a ese posto fixo que se melloraran moito as instalacións da cidade, como poden ser as vías que comunican con todo o Imperio e os acueductos, facilitando a entrada da auga a cidade.
Como boa cidadá romana, ríndolle culto aos Deuses, como Xúpiter, Venus, Marte ou Minerva, que é a Deusa pola que eu sinto máis devoción xa que é a deusa da sabedoría, das artes e é a protectora de Roma, a cidade onde nacín.

Seguen pasando os días e están chegando rumores sobre uns ataques a cidade de roma dos bárbaros do norte, estou preocupada, pois aínda teño amigos e familiares e estou preocupada por eles. Según as fontes do meu pai as invasións non foron pacíficas, e houbo moitos feridos e mortos. O exército romano estaba desorganizado e por iso puideron chegar ata o mesmo centro da cidade, e agora teño medo de que esas invasións chegan ata Hispania, poñendo en perigo a miña familia e ao meu prometido.

Estamos a finais de ano, e meu pai reuniu ao exército e foise a loitar contra os bárbaros, tamén chamados Visigodos. Na cidade tamén están tomando medida para protexernos, organizando aos homes para defender a cidade. Gaius, o meu prometido, tamén ten que defender a cidade e eu teño que organizar as mulleres e aos nenos para en caso de ataque sair da cidade e poñelos a salvo. Co paso dos días o meu pai regresou victorioso, pero o que quedou dos visigodos atacaron a cidade, e como colleron de imprevisto ao exército, lograron penetrar na cidade. Agora vivimos baixo o seu dominio, e segun din eles, o resto do imperio está na mesma situación. Roma foi saqueado e as súas xentes viven agora baixo o dominio dos bárbaros, e todo polo que Roma loitou, quedou agora destruído.

viernes, 17 de febrero de 2012

Cultura Castrexa.

1.Nestas duas noticias publicadas en distintas páxinas web, vemos a situación na que se atopa o xacemento arqueoloxico da Atalaia (Cervo).
Nun dos documentos facilitado por Mariñapatrimonio vemos que ano ano 2008 o concello concedeu unha licencia de urbanización por riba dun castro cuberto considerado un dos mellores conservados da Península pois ten como particularidade especial que conserva a súa falsa bóveda, e da posterior movilización dos veciños para salvar a este, finalmente nun artigo da mesma páxina relatase que Mariñapatrimonio consigueu o seu obxectivo anulandose as licencias de contruccións para poder gardar esta importante herdanza que nos deixan os nosos antepasados.
Mentras que no outro documento tratase tamén a defensa dos veciños que loitaban por manter presente ese castro atopado nunha horta chamada "A casa de Dorita" apoiados por MariñaPatrimonio.
Aínda que non aparece reflexado directamente nos artigos é de suma importancia a presenza doutro castro a escasos metros, pero este ao estar na superficie xa non conta co perigo de que se edifique enriba del, ainda asi hai que seguir protexendoo.


2-Castros no Concello de Viveiro, Lugo.

  • Castro de Condomiás y Chao de Garita, na parroquia de Boimente.



  • Castro de Pousadoiro, na parroquia de San Pedro.



  • Castro da Croa, na parroquia de Landrove.



  • Castro de Casós, no lugar de Fontecova, Viveiro.



  • Castro de Sobreviva, na parroquia de Galdo.



  • Castro de Celeiro, en Celeiro.



  • Castro de Faro, na parroquia de Faro. 









  • 3-Castro de Baroña, A Coruña

    O castro de Baroña está situado na parroquia de Baroña, na Coruña e está construído sobre unha península , situándose a súa ocupación nos séculos I a. C e I d.C e posuía duas murallas que o protexían dos ataques de enemigos. Consérvanse 20 vivendas de planta circular u oval en bo estado. Foi excavado por Sebastian González García e nunha primeira vez encontrouse moi pouco, pero cás seguintes exvacións conseguíuse coñecer moito máis desde castro.

    O castro está comunicado coa península cun tómbolo de area, e nesta zona excabouse un foso que pretendía protexer ao poboado. A continuación encóntrase una muralla que rodea o castro completamente, no centro encontraríanse as vivendas. A entrada está formada por una rampa que comunica co centro do castro, que estaba dividida en catro áreas. A primeira está formada por un banco corrido ou un pilar e nela encontrábase un fogón, un oco para un poste e varias cazolas de barro, puido ser una forxa, que tamén puido haber noutras partes do castro. A segunda zona está separada por un muro, que delimita cun barrio de casas e cunha praza, onde se pode chegar a atopar incluso escaleiras. O terceiro e o cuarto sector son os máis altos do castro, onde tamén se poden encontrar construcións.

    As construcións na súa mayoría son de plante circular e sen ventas, o que nos indica que foi un castro pouco romanizado, e que non sufríu o urbanismo como tal, xa que esta nova moda traena os romanos.

    O poboado era autosuficiente, xa que ao encontrarse nunha península non podían autoabastecerse e por iso procuraban cazar, cultivar e recoller auga fora dos límites do castro. Pénsase que o seu principal alimento eran os mariscos e os pescado, aínda que tamén consumían cabras, ovellas, vacas e bellotas.

    No castro encontráronse varios tipos de utensilios de pedra, co que facían diversos traballos. Tamén se atopu restos de metalurxía e de texidos.


    4- Pedras Formosas

    Son lugares máxicos empregados para cultos relixiosos como a terra, as fontes, a lúa ...Estes antigos cultos de pedra eran traballados polo home sabios que vivían ai anos na Gallaecia. Estas construccións realizadas en pedra tallada (con características arquitectónicas) sóense atopar no occidente de Portugal, Asturias, León e Galicia, na mesma etapa na que se desenrolaron os castros.
    Estas pedras fermosas atopanse en lugares fértiles e con gran abundancia de auga, son construccións semienterradas con forma rectángular. Creese que no antigüidade podíase empregar como balneario de vapor, lugar de iniciación para os mozos dos castros próximos.
    Estas investigacións serven para coñecer a tipoloxía destas edificacións e sobre o modo de vida dos seus habitantes nesta época na Gallaecia.
    Exemplos de construcción destas pedras formosas son : Monumento de Punta dos Prados en Ortigueira, Ara de Augas Santas en Allariz, a Pedra formosa en Briteiros...

    miércoles, 1 de febrero de 2012

    Culturas Prehistóricas

    1-Diferenza os tipos de útis que vimos no video:

    Dentro da industria lítica con sílex podemos diferenciar 3 tipos de tallado:
    1. Tallado de modo 1: Son aquelas pedras que só se empregan para realizar unha sóa ferramenta que se chama Chopper, créase mediante percusión para conseguir tallar o extremo do Chopper a así conseguir un bo filo. Emprégase en xeral para cortar e romper.
    2. Tallado de modo 2: Son aquelas pedras que se empregan para realizar un útil máis eficaz, créase mediante a modelación do contorno da pedra para acadar así un filo maior que na pedra de Chopper. Esta nova ferramente recibe o nome de Bifaz (traballada polas dúas caras). Emprégase para realizar traballos máis eficaces de cortar, rasgar e romper.
    3. Tallado de modo 3: Son aquelas nas que dunha pedra obtemos varios útiles. A pedra inicial emprégase para crear un Bifaz, dos restos da percusión desta pedra créanse outras ferramentas como a Lasca Levallois e delas obtemos á Raederas,e de traballar esta obtemos á Escotadura e por último dos restos máis pequenos obtemos a Punta Levallois

    2-Megalitismo en España e en Europa:
    • España
    1. Dolmen de Menga:  Atópase en Antequera (Málaga) e foi construído  na idade de cobre arredor do 2500 a.C. É un dolmen de galería cuberta e planta case rectangular. Está formado por unha cámara sepulcral ao fondo composta por 7 ortostatos ( pedras que forman paredes). Esta galería está composta por 5 enormes cobijas (pedras) que forman os teitos chegando a medir 6 metros de lonxitude por 7 de lado cun peso aproximado de 80 toneladas. Tamén destacan os dous monumentos antequeranos. É un dos dolmenes máis espectaculares da península ibérica e de Europa.
        
      2.Naveta des Tudóns: Atópase na illa de Menorca e é unha construción funeraria creada entre 1200 e750 a.C. Trátase dunha tumba colectiva onde se chegou a atopar (1975) 100 cadáveres e obxetos dos depósitos funerarios como pulseras de bronce e botóns de ósos. Na actualidade atópase aberto ao público e é considerado como edficio integramente conservado máis antigo de Europa.

      • Gran Bretaña:
      1. Stonehenge: É un monumento megalítico da idade de bronce que se atopa en Inglaterra. Está formado por dous grandes bloques de pedras distribuídos en 4 circunferencias concéntricas. Nos seus comezos era un monumento circular de carácter ritual funerario e de observatorio abstronómico para predecir ás estacións, no solsticio de verán o sol salía xusto a trevés do eixe da construción e ese mesmo día ocultábase atravesando outro eixe onde se atopan multitude de ósos de animais e obxetos de grandes celebracións.
      2.Newgrange:  Encóntrase en Co. Meath, Irlanda. Foi construído entre 3300-2900 a.C, estivo perdido durante 4000 anos debido a unha disminución do montículo ata o século XVII que foi descuberto por xente que buscaba pedras para a construción, nun comezo creían que era unha cova. O Newgrange ten unha orientación astronómica, cada ano na maña no solsticio de inverno a luz do sol penetra na na paisaxe e ilumina o chan da cámara durante 17 minutos. Algúns atribúen a este monumento a importancia do sol na relixión do pobo que o construíu e outros tómano como un referente arqueoastronómico noutros monumentos similares.


      • Cerdeña:
      1. Coddu Vechio en Arzachena: Estas tumbas situada en Cerdeña, tratase dunha cámara funeraria, a parte frontal da estructura está rodeada por unha especie de semicirculo. A parte frontal da estructura está rodeada por unha especie de semicírculo, casi que simboliza os cornos dun toro, e as tumbas mais antiguas, no centro do semicírculo colocase unha estela moitas veces ata 4 metros, finamente tallado e equipado cunha pequena abertura na base que supostamente foi pechada por unha rocha e a través do cal entrabase na tumba.
        1. Is Concias en Quartuccio: Este megalitico situado no sur de Cerdeña e tamén chamado a tumba dos xigantes, e como é tipico nesa zona é de tipo fachada con filas, a fachada e mais o portico terán 10 m de ancho, contruidos en mamposteria megalitica, este megalitico constara de duas entradas, dende a baixa chegaremos ata a cámara funeraria, que ten aproximadamente 8 m. de longo e 1 m. de ancho, a  altura máxima que acada é de 2.10 m. na entrada pero disminue a medida que vas adentrando na pate inferior da camara, cunha altura de 1.70 metros. 
        •  Malta:
        1. Ggantija: Este megalitico está situado en Malta, concretamente na illa de Gozo(norte de Malta),está formado por dous templos que se contruíron no megalítico. Son as construccións máis antigas que se atopan nesa zona que resistiron a saqueos, enterramentos e demolicións.Neles atopáronse estatuas e figuras que parecen representar unha deusa nai, considerouse que foron dedicados a este culto.En Malta o nome é "torres xigantes" xa que segundo a lenda estas torres foron construídas por enormes criaturas có fin de utilizalas como sitio de culto.
















        2-Hipoxeo de Hal Saflieni.
        : O Hipoxeo de Hal Saflieni (situado no no noroeste de Malta) é o único templo subterráneo prehistórico coñecido; foi escavado cara o 2500 a.C..Considérase que a súa primeira función foi a de santuario e que posteriormente, se converteu nunha necróple (conxunto de sepuiltamento). O Hipoxeo conta de salas, cámaras e pasadizos. As cámaras cortadas na rocha teñen diferentes formas e tamaños, e están acabadas en diferentes niveis de confeccion. O complexo está agrupado en tres niveis- nivel superior (3600-3300 anos antes de Cristo), o nivel medio (3300-3000 anos antes de Cristo) e nivel inferior (3150-2500 anos antes de Cristo). A habitación máis profunda, o nivel inferior, está a 10,6 metros por debaixo da superficie da rúa.
















        3- Enterramento Megalítico:

        • Dolmen de Dombate: o Dolmen de Dombate está situado na parroquia de Borneiro, no municipio de Cabana de Bergantiños, na provincia da Coruña ( N43º11'21.12'', W 8º.58'3.36''). 


          Ver Dombate en un mapa más grande

          Foi construído na primeira metade do IV milenio a.C
          (3800 y 3600 a.C). O súa construción pasou por diferentes etapas, no 3000 a.C preparouse a area de aceso no 2700 a.C finalizouse a construcion do corredor e comezaron a realizarse rituais. O lugar no que se atopa foi investigada polo arqueólogo Xose María Bello entre 1987 e 1989. A mámoa ten uns 24 m de diámetro e 1,80 de altura. O Dólmen consta dunha cámara poligonal ancha formada por 7 ostóstatos ( bloque de lousa vertical) no que un deles mide 4,64x3 m, as fosas nas que se atopan estes ortóstatos alcanzan unha profundidade de 140 cm na zona da cámara e 70 cm na do corredor. Sobre esta mámoa existe un megalito anterior e inferior en tamaño e complexidade. Os ortóstatos da cámara conteñen grabados e máis de 20 pequenos ídolos ( imaxes que representan un obxeto). Na actualidade este Dolmen atópase protexido por unha barreira nun recinto de aceso restrinxido aos horarios de visita. Nun corto plazo planificouse que o arquitecto coruñes Francisco Vidal Pérez realizase un proxecto de recuperación do Dólmen para crealo nun centro de visitas cun criterio adecuado de integración na paisaxe e no territorio. Este monumento aparece reflexado na obra de Eduardo Pondal, ``Queixumes dos Pinos´´ o que nos di que este Dólmen está presente na cultura galega.

        Lenda: A lenda do Dólmen de Dombate di que os habitantes que moraban preto deste sentían unha presencia preto deles, peor non sabían de que, ou de quen se trataba. Un día aparecéuselles o demo, e os habitantes ,nun arranque de medo pecharono dentro do Dólmen, atrapadoo. Dende aquela nesa zona respírase un aire de medo, e non se sabe se o demo segue ahí pechado ou se conseguiu fuxir. Tamén se di que os habitantes dese lugar rodearon ó Dólmen de cruceiros para evitar que o demo escapase e sembrase o mundo de medo.


        4- Lectura e resumo destes artigos:

        1-No primeriro artigo publicado por "El Pais" móstranos como nun pobo preto de San Cibrao, concretamente na zona do río Cobo, atopouse unha docena de útis pesados, e aparentemente pouco prácticos, aínda que seguramente fai 300.000 terianno como un gran utensilio para poder despedazar as suas presas de caza.
        Estes doce achazgos (nun primeiro momento pensaron que eran 8 solo) atopounos unha veciña do pobo mentras daba un paseo pola zona, que atopou entre uns coios redondos unha pedra grande e afiáda que se asemellaba aos útis primitivos de sílex que vira nalgunha ocasión. Nese momento avisou a un membro da Mariña Patrimonio(agrupación cultural que naceu para defender o castro da Atalaia) ,e estes confirmaron
        que os tallaron os Homo heidelbergensis ( constaban dun cerebro de capacidade semellante ao do home actual, destes pequenos, nariz chata con grandes orificios e nada de mentón) .


         2-O segundo artigo trata do descubrimento de 12 útis do Paleolítico na terraza fluvial do río Cobo, en Cervo. Estes vestixios paleolíticos teñen unha idade superior a 300.000 anos, unha mostra máis da presenza humana durante o Paleolítico na Mariña. Estos útis serán investigados por Manuel Miranda, un arqueólogo da Direción Xeral de Patrimonio da Xunta. Posteriormente serán depositados no Museo Arqueolóxico de Vilalba especializado na era Paleolítica.


        3-O terceiro artigo trata da aparición dun petroglifo de granito atopado en Cervo, caracterízase pola súa forma xeométrica con 4 círculos concéntricos dun só trazo. A asociación cultural Mariña Patrimonio xa comunicou este descubrimento ao Patrimonio Cultural da Xunta, polo de agora non queren revelar o lugar exacto no que se atopa, pero creen que se poderían atopar máis. Este descubrimento trátase do exemplar máis setentrional do arte rupreste en Galicia, datado na idade de cobre ou a comezos da aparición do metal, uns 3000 anos a.C.

        jueves, 19 de enero de 2012

        Activividades económicas

        1-A Pesca:
        • O porcentaxe de flota galega representa un 40% dos barcos españois. Das actividades pesqueiras realizadas en Galicia só se consume 1/3 o resto expórtase, un 75% ao resto de España e un 25% a outros países. Dentro das actividades pesca podémolas dividir en pesca extractiva, marisqueo e acuicultura. Os principais produtos acuicolas son o Argazo real (alga), que no ano 2009 pescáronse 3200 kg a 0,70 euros o kilo. Dentro dos bivalvos destacan a Ameixa xaponesa cun 4,7% da pesca total e os mexillóns cun 52,94%. Dentro dos peixes destaca o rodaballo cun 33,46%. As principais lonxas da Mariña son Burela e Celeiro, estando no 4º e 5º posto das lonxas máis productivas de Galicia.
        • A principal diferenza entre estos caldeiros é o porcentaxe ou o espazo xeográfico no que se realiza a pesca, o caldeiro nacional contará cun maior espazo adicado a pesca, xa que fai referencia a toda España, mentres que os caldeiros comunitarios fan referencia só a pesca dentro da Comunidade Económica Europea, e dicir, dentro dos países da Unión Europea con moeda euro, pola contra o caldeiro que abarca unha maior superficie pesqueira é o internacional, que se refire a aquelas capturas realizadas fora do territorio español, como pode ser Irlanda, Perú, Portugal...etc. Dentro da pesca nacional destaca a pesca de cerco, que consiste como o seu propio nome indica en cercar ao peixe (sardiña, xurel, cabala...), é decir, colócase a lancha pequena de gran motor preto do banco de peixes, posteriormente sóltase a rede duns 750m de lonxitude e 50 de ancho, a rede fai un circulo ó redor dos peixes e captúraos.
        • Dentro dos pesqueiros comunitarios destaca a pesca con palangre no fondo, a palangre é un aparello composto por unha serie de brazais (normalmente de fío plástico), estes brazos lineais únense entre si mediante anzois, por este motivo é unha das pescas máis selectas xa que dependen do tamaño do cebo e da profundidade, dependendo da especie. A palangre en fondo é empregada coma pesca artesanal sobre o leito mariño.Na pesca internacional destacan a pesca de arrastre. Consiste no emprego dunha rede lastrada que barre o fondo do mar capturando todo o que encontra ao seu paso. Esta práctica considérase destructiva para o ecosistema xa que non realiza unha seleción a hora de capturar as especies.
        •  Galicia é unha das comunidades autónomas máis representativas en canto a actividades pesqueira, con máis da metade dos establacementos conserveiros relacionados con esta actividade, conta con 67 establecementos de 147 que ten España. En canto a facturación posúe máis da metade con 967,02 de 1.239,77 que ten España. Isto débese a que en Galicia expórtase ó 75% da pesca ao resto de España. En canto a produción de conservas a maioría con 248.958 Tm prodúcense en Galicia mentras que no resto de España prodúcense o 311.197 Tm, estas industrias conserveiras soense situar preto do portos para facilitar o transporte e aforrar os costes. Estas industrias xeran só en Galicia 12.050 empregos dos 15.512 xerados en toda España.
        2-Sector Secundario:
          Aínda que o sector secundario foi crecendo en emprego ao longo dos últimos anos, Galicia segue cun gran retraso comparandoo con outras comunidades de España.
          No primeiro mapa temático a comentar, no cal se fala do numero de empresa activas en España por cada 100 habitantes, vemos que Galicia atopase no segundo posto, cunha media inferior a española,( a española é de 7.3, mentras que a galega ten unha media de 7 a 8), nesa situacion atopanse Logroño, entre outras.
          Galicia tamén se atopa no segundo posto si estamos a falar do segundo mapa temático, o cal mostranos a distribución da cifra de negocios, no cal Galicia ocupa dun 5 a un 10% do 100% dos negocios españois, atopándose na mesma situación Castela e León e o País Vasco.
          Por último no terceiro mapa temático, fálasenos sobre o gasto interno do PIB, mostranos que Galicia tamén neste tema ocupa o segundo posto, neste caso cunha media de 1 a 1.5 coma Andalucía (entre outras comunidades).
          3-Sector Servizos:
          Nesta grafica presentanos a evolución do sector agricola e mais o sector servizos, dende o ano 1977 ata o 2010.
          Observando a gráfica podemos dicir que no ano 1977, a porcentaxe de poboación dedicada ao sector primario era moi elevada, acadando o 44.69%, mentres que os servizos só acadaban un 7.9%, isto debese principalmente a que o ano 1977 a maioria da poboación galega vivia no medio rural ,fomentandose asi a agricultura para o autoconsumo, atopando deste modo a súa forma de supervivencia.
          Pola contra, no ano 2010 atopamos todo o contrario, tan só un 28.5% se dedicaba ao sector primario,dento de esta porcentaxe destacan persoas da terceira idade ou daquelas que de adican a agricultura como segunda actividade, é un 67% adicase ao sector servicios, este cambio debese primordialmente ao éxodo rural, é dicir toda esa xente que abandonou as aldeas para ir en busca dunha vida mellor nas cidades. Outro factor de gran influenfcia na nosa comunidade foi o turismo, principalmente gracias ao descubrimento do Apostol Santiago, o que provocou unha forte atracción do turismo sobre todo cada 4 anos coa celebración dos anos Xacobeos. Entre outras actividades turísticas destacan as casas rurais en zonas tanto de montaña, como o Courel, como o turismo de praia nas Rías Baixas, tamén existen importantes balnearios, como o de Mondariz ou La Toja.